Novas

Aberto o prazo de inscrición para o Entroido en Salceda

Durante esta semana serán as agrupacións pertencentes a Salceda as que poidan formalizar a súa solicitude de participación no desfile, e a vindeira semana será o turno para as agrupacións de outros municipios, que poderán ocupar as prazas restantes por orde de solicitude.

Curso de Primeiros Auxilios

A Concellaría de Sanidade continuando co programa do ano 2014 onde realizou unha Xornada de Primeiros Auxilios, este ano vai a celebrar o Curso de Primeiros Auxilios que terá un programa cun total de 20 horas.