Salceda amortiza máis de 85.000 € de gasto corrente por medio do Plan Concellos
O gasto correspóndese con facturas do consumo de alumeado público realizado no primeiro semestre deste ano 2016, e será financiado dentro da Liña 2 do Plan Concellos, que permitía a amortización de gasto corrente.