O 82% das incidencias recibidas a través do servizo “Liña verde” xa foron tramitadas
En Salceda de Caselas, o tipo de incidencias que máis se comunicaron son aquelas que fan referencia a alumeado público, seguido de beirarrúas e estradas, parques e xardíns e verquidos de lixo. Ata a data comunicáronse 251 incidencias das cales o 82% xa foron tramitadas.