Accede ás Redes Sociais do Concello de Salceda de Caselas
Dende este enlace poderás acceder ás redes sociais oficiais do Concello de Salceda de Caselas para seguir a actualidade municipal.
Salceda de Caselas |
![]() |
![]() |
|
Dende este enlace poderás acceder ás redes sociais oficiais do Concello de Salceda de Caselas para seguir a actualidade municipal.
O gasto correspóndese con facturas do consumo de alumeado público realizado no ano 2017, e será financiado dentro da Liña 2 do Plan Concellos, que permitía a amortización de gasto corrente.
O Centro de Desenvolvemento Local O Torrón (CDL O Torrón) da Concellería de Emprego do Concello de Salceda de Caselas ven a lanzar unha campaña de prospección de emprego e de procura de empresas que precisen persoal para facilitarlle o mesmo dende a bolsa de emprego, co fin de atopar un traballo ás persoas inscritas nesta bolsa de emprego e ao mesmo tempo dotar as empresas de persoal cualificado dun xeito cómodo, rápido e profesional.
A Concellaría de Benestar Social do Concello de Salceda de Caselas, que dirixe Teresa Pérez, ven de anunciar a posta en marcha dunha nova edición do programa “Cultiva a mente”, un proxecto que engloba a prevención da demencia e a promoción de hábitos saudables a nivel cognitivo e emocional.
O Concello de Salceda de Caselas está a realizar os traballos de limpeza dos espazos ou “resalidos” municipais, dentro dos traballos de creación do inventario de bens municipais. O obxectivo fundamental desta limpeza é a delimitación exacta dos espazos e o levantamento topográfico en coordenadas UTM dos mesmos.