Novo pavimento para garantir a seguridade no Pavillón Municipal de deportes
O Concello de Salceda de Caselas renovará o pavimento do seu pavillón de deportes, substituíndo o actual cemento pulido por unha superficie de tarima de madeira de haia. A reforma supón un investimento de 88.103,60 € que o Concello ten xa solicitado ao abeiro do Plan Máis Provincia 2024.