APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS CURSOS DE NATACIÓN 2023.

O concello de Salceda de Caselas comunica a apertura do prazo de inscrición para os cursos de natación para os meses de xullo e agosto de 2023. O prazo de inscrición iniciarase o vindeiro 8 de xuño e os formularios terán que ser entregados, xunto cos xustificantes de pago das taxas, na Casa da Cultura Castelao.

Os prazos para a reserva de quendas son os seguintes:

  • Quenda de xullo ata o 28 de xuño.
  • Quenda de agosto ata o 27 de xullo.

O prezos mensuais serán de 25€ para ás persoas nadas entre o 2009 e o 2019 e de 30€ para ás persoas nadas antes do 2009.

A ficha de solicitude de inscrición poderase obter na paxina web do concello http://salcedadecaselas.gal/ ou recoller na Casa da Cultura Castelao.

FOLLA DE INSCRICIÓN CURSO DE NATACIÓN 2023