Aberto o prazo de inscrición para as clases de preparación das probas libres de Graduado en ESO

A concellería de emprego e formación informa que está aberto o prazo de inscrición para as clases de preparación das probas libres de Graduado en ESO.

As inscricións realizaranse no Rexistro Xeral do Concello, permanecendo aberto o prazo ata o 20 de xaneiro. As clases comezarán a primeira semana de febreiro alargándose as mesmas ata a data do exame.

Marina Cabaleiro, “este é o cuarto ano que o CDL O Torrón acolle esta iniciativa e estamos moi contentos pola acollida que recibe. Na pasada edición tivemos máis de 100 alumnos e alumnas en distintas quendas e incluso tivemos clases de verán para a convocatoria do mes de setembro.

Dende a concellería consideramos prioritario dedicar parte do orzamento destinado a formación a axudar nesta materia, xa que é a base para mellorar o acceso ó mercado laboral e a outro tipo de formación. Animamos os veciños e veciñas a participar nestas clases e a intentar acadar esta titulación básica.

 

Foto: alumnos/as das clases de Graduado en ESO 2013