A II ruta Bocaselas prevé vender máis de 10.000 bocadillos en tres fins de semana

O Concello de Salceda de Caselas xunto con 14 locais hostaleiros do municipio veñen de presentar a II edición do Bocaselas, a ruta de bocadillos do municipio, que se celebrará os venres e os sábados entre o 26 de abril e o 11 de maio (ambos incluídos). Establécense dúas rutas diferenciadas: unha para os venres e outra para os sábados, con sete establecementos participantes en cada un dos días.
A iniciativa busca a consolidación tralo éxito da primeira edición celebrada o pasado ano, na que se venderon máis de 12.000 bocadillos. Os bocadillos terán un prezo de 1,50 €, podendo acollerse en tódolos locais á oferta “bocatín + caña a 2,50 €”.
Concello e sector hostaleiro van da man nesta nova edición convencidos de que o público de Salceda e arredores volverá dar unha resposta positiva, e tamén por iso se prevén premios para as persoas que degusten os bocatas en varios establecementos, e que entrarán no sorteo de vales de compra para consumir nos locais participantes.
Loli Castiñeira, Concelleira de Comercio e Turismo, presentou o evento como una importante iniciativa para dinamizar o pobo e sobre todo os establecementos hostaleiros. “Pensamos en seguir organizando este tipo de eventos que apoien ao comercio local, neste caso á hostalería. O Concello plantexou a iniciativa e estamos moi satisfeitos coa acollida que tivo por parte dos diferentes establecementos e coa colaboración obtida dende o primeiro momento”.

Gabinete de prensa, 22 de abril de 2019