A Cultura da Auga

Este sábado día 14 de Xuño vamos a descubir a terra da Auga, os Humidais de Budiño, unha zona moi importante dende o punto de vista histórico e sobretodo natural. Esta zona nomeada recentemente como ZEC (zona de Especial Conservación) presenta un relieve, morfoloxía, e dinámica de ecosistemas totalmente diferente ao resto de áreas que nos rodean.

A temática a utilizar vai a ser a importancia dos oficios, resaltando sobretodo,os oficios que teñen relación co entorno. Unha mirada á nosa historia é clave para entender os procesos e a contextualización dos feitos.

Para inscribirse só hai que introducir datos de nome e apelidos no seguinte correo electrónico: enotur@bodegascorisca.com, e para máis información pode solicitarse no Concello de Salceda de Caselas, 986349003, ou no teléfono 698130583. A inscripción é de 8 euros, a pagar no lugar de quedada que inclúe o roteiro histórico, pincho e viño ecolóxicos.

Haberá un autobús que partirá dende a Adega da Corisca (lugar de partida) ata as Gándaras de Budiño.

Hora de comezo: 10:00