O vindeiro 7 de maio a carreira popular “Corre por Salceda”, fiel á súa cita celebrará a súa X edición consolidándose como un dos eventos máis importantes do calendario deportivo de Salceda de Caselas.
Esta proba que conta co apoio da Deputación de Pontevedra, estará organizada pola concellería de Deportes e o persoal técnico das Escolas Deportivas Municipais xunto coa colaboración de numerosas persoas voluntarias, a Policia Local e a Agrupación Local de Protección Civil de Salceda de Caselas.
A carreira se desenvolverá polo trazado das rúas do casco urbán e por algunhas das sendas do concello, e constará das seguintes categorías:
- Categoría absoluta(anos 2007 e anteriores) de 10 km e 5 km con saída conxunta as 10:30 horas
- Categoría A(anos 2008, 2009 e 2010) de 2,5 km ás 10:35 horas
- Resto de categorías(escolares e menores) con saída a partires das 12:00 horas
A categoría absoluta de 10 km de distancia será, como en anteriores edicións, proba puntuable(ruta) para o Circuito Galego de Carreiras Populares 2022/2023.
A entrega de premios realizarase na Praza do Concello a partir das 12:45 horas.
As persoas participantes deberán inscribirse na páxina www.championchipnorte.com ata o próximo martes 3 de maio e poden obter toda a información necesaria na páxina do concello www.deportesalceda.gal ou dirixíndose a Concellería de Deportes ou ás Escolas Deportivas Municipais.
Rubén González Coto Concelleiro de Deportes “É unha ledicia que esta proba acade á súa décima edición gozando de moi boa saúde xa que cada ano acada máis participación de corredores e corredoras de Salceda e de municipios da contorna”.
Verónica Tourón Alcaldesa “Dende o concello queremos contribuír decisivamente a que estas probas e eventos deportivos de Salceda se consoliden e nos axuden a promover un estilo de vida no que o deporte e a sáude sexan valores fundamentais para o benestar da nosa veciñanza”.
Gabinete de prensa, 11 de abril de 2023