A Concellería de emprego e formación traballa na nova oferta formativa

Formación en linguas extranxeiras, economía doméstica e familiar, manipulador de productos fitosanitarios, área de administración, atención ao cliente ou área sociosanitaria son algunhas das posibles ofertas nas que está a traballar a Concellería de Emprego e Formación.

Dende a Concellería de Emprego e Formación, ademáis deste investimento propio está a solicitar tódalas accións formativas posibles a Xunta ou Deputación, e esperamos que este ano nos concedan algunhas delas para poder ofrecerlle a cidadanía un catálogo máis amplo que cubra todas as necesidades nesta área.

Dentro do Plan Municipal de formación actual, o próximo 25 de febreiro comenzará un novo curso de Manexo de Carretilla Elevadora, de 20 horas de duración, o que asistirán 20 alumnos da lista de reserva das últimas probas que se realizaron para acceder ao mesmo.

 

O CDL de O Torrón, acolle xa todos os servizos de emprego e formación

A concellería de emprego e formación quere centralizar todos os servizos neste edificio. Para iso queren recordar que o Técnico Local de Emprego, xa ten a súa atención ao público no CDL dende o pasado 1 de febreiro.

Todos os veciños e veciñas que queiran información ou facer algún trámite nesta área téñense que dirixir ao centro, donde os atenderá o Axente de Emprego en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e responsable desta área, explica que dende a Concellería estamos poñendo todos os medios para darlle resposta o principal tema de preocupación da cidadanía que é o emprego e a formación, con especial incidencia na xuventude, que son os que soportan a maior tasa de desemprego. Queremos que sexa unha concellería en movemento e dinámica. Para responder á demanda e que todos teñan igualdade de oportunidades, temos que escoitalos e teñen que estar informados, por iso ademáis de na Concellería, e no CDL de O Torrón, vamos ampliando vías e xa estamos na páxina web do Concello, ademáis de estar presentes nas redes sociais (http://www.facebook.com/concelleriadeempregoeformacion.salceda)