A Concellería de deportes presenta a súa “I 10K Concello de Salceda de Caselas”

Trátase dunha carreira popular, organizada pola Concellería de Deportes e que conta ca colaboración das Escolas Deportivas Municipais.

Esta carreira está enmarcada dentro da planificación deportiva desta Concellería onde queremos dar cabida a todo tipo de actividades deportivas.

O evento está diposto para o próximo 5 de maio e contará con probas para distintas categorías:

– A categoría absoluta será as 10:30 horas (ano 1997 e anteriores)

– Resto das categorías a partires das 12.00 horas.

A liña de saída estará situada na Praza do Concello e a categoría absoluta precorrerá 10 km. que se desenrolarán polas rúas da vila e polas distintas parroquias do municipio.

A organización conta con un amplo abano de patrocinadores, entre os que se atopan moitos dos comercios e hosteleiros salcedenses.

Ademáis, é a primeira vez  que este concello acolle unha carreira puntuable (ruta) para o Circuito Galego de Carreiras Populares (circuíto 2012/2013)

Os participantes deben inscribirse na páxina www.championchipnorte.com” , e poden obter toda a información necesaria na páxina do concello www.salcedadecaselas.es ou dirixíndoxe a Concellería de Deportes.

Haberá trofeos e agasallos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, ademáis de premios para os primeiros atletas salcedenses clasificados.

Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e responsable desta área “esta é unha actividade para todos e todas, xa que ademáis da categoría absoluta haberá distintas probas ao longo de toda a mañá. Dende esta concellería apostamos polo deporte como un hábito saudable, ademáis con esta carreira queremos dar resposta demanda de moitos veciños e veciñas despois do éxito da San Silvestra que xa vai pola segunda edicción”