A Concellería de Emprego e Formación do Concello de Salceda ven de firmar o convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para formar parte da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (Rede CeMIT).
Será a Aula de Novas Tecnolóxicas a que albergará este Plan de Formación da rede CeMIT dentro das súas instalacións, ademáis a concellería de emprego e formación achegará a infraestructura deste centro para a realización de todas as actividades do catálogo de servizos ou do Plan de Formación de Amtega (Asociación para a Modernización Tecnolóxica)
A Rede CeMIT, axudará a desenvolver iniciativas relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación de servizos electrónicos. Trátase de proporcionar os medios e ferramentas necesarias para que os veciños e veciñas poidan formar parte activa da Sociedade da Información.
Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e concelleira de emprego e formación, “formar parte desta rede está dentro do Plan de dinamización do CDL de O Torrón que xa comenzamos fai máis dun ano e ademáis. Consideramos que é moi importante promover o uso das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación na poboación, facendo especial fincapé naqueles colectivos onde esta falta de coñecementos faise máis evidente. O principal obxectivo é proporcionar plans de formación adecuados ás novas demandas tecnolóxicas”