35.000 € máis de liquidez por cumplir cos requisitos económicos marcados polo Estado

Jose Luis

O Concello de Salceda de Caselas ven de aprobar en Pleno Ordinario a ampliación dos prazos de devolución dos ingresos dos tributos do estado que nos anos 2008 e 2009 o Ministerio de Facenda estimara a alza en todos os Concellos do estado español.

Tódolos Concellos en función da súa poboación , territorio e outros parámetros reciben dos impostos que recada o Estado (IVE, IRPF, impostos especiais, etc) unha cantidade económica estimativa que ó peche do exercicio se revisa. Nos anos 2008 e 2009 houbo unha previsión a maiores que no caso do Concello de Salceda ascendeu a 744.329,9 euros, e que agora, ó igual que o resto dos  Concellos do Estado hai que devolver retraendo mensualmente das aportacións que lles fai o Estado.

José Luis González, Concelleiro de Facenda afirma que tras analizar tódolos aspectos que marca a lei, o Concello de Salceda está en condicións de acollerse a esta medida ó cumprir tódolos requisitos económicos  estipulados e que suporán entorno a 35.000 euros ó ano de maior liquidez para as arcas municipais.

O que se plantexou dende a Concellaría de Facenda do Concello de Salceda foi acollerse ó reintegro destas cantidades nun prazo de 20 anos, en lugar dos 10 que inicialmente se estipulaba, a un custe cero para o Concello. Para elo o Estado, premiando ós Concellos maís cumpridores, estipulou tres requisitos a cumprir: ter presentado a liquidación do orzamento, cumprir cos obxetivos de débeda e de estabilidade e que o periodo medio de pago ós proveedores non superase o prazo máximo establecido na lei.

José Luis González, Concelleiro de Economía e Facenda:  “Estamos en condicións de acollernos a unha medida de custe cero para o Concello que dota do entorno de 3.000 euros mensuais máis liquidez as arcas municipais xa que o concello cumpre con todos os requisitos económicos que lle esixe a lei.”

Marcos Besada, alcalde de Salceda, “expresa a súa satisfación xa que esta medida nos vai a permitir destinar ese diñeiro a outras áreas máis necesitadas, e reafirma a boa xestión económica que o goberno local está a facer nestes tempos de crise”.

 

Gabinete de Prensa 10 de novembro de 2014