25.000 € do Plan Concellos para mantemento de viais no casco urbano

O Concello de Salceda investiu un total de 25.357,80 € da liña 2 do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra en actuacións de mantemento en diversos viais e espazos públicos do casco urbano.

                Por unha banda, un total de 10.651,22 € foron destinados ao bacheo dos viais máis deteriorados, como era o caso das Rúas Rollo, Coruña e Vigo, que se completaron con actuacións similares no resto de rúas urbanas.

                Tamén na Praza do Concello se realizou unha actuación de mellora por importe de 14.706,58 €, que permitiu favorecer a accesibilidade en todo o lateral da Praza, así como na entrada ao Auditorio Municipal.

                Estes investimentos supuxeron unha “posta a punto” de todo o casco urbano, solucionando as deficiencias máis urxentes e mellorando deste xeito a seguridade viaria tanto para os vehículos no caso das rúas como para os peóns no caso da Praza do Concello.

                Gabinete de Prensa, 16 de decembro de 2020