Praza do Concello nº12, Salceda de Caselas, 36470 Pontevedra

+34 986 349 003

SENDA DOS HUMIDAIS

SENDA DOS HUMIDAIS,

LIC GÁNDARAS DE BUDIÑO

O Lugar de Interese Comunitario (LIC) “Gándaras de
Budiño” é un dos humedais interiores máis
interesantes de Galicia, tanto polos hábitats como
polas especies que alberga. Ten unha superficie total de
834,17 ha e pertence a tres concellos: O Porriño, Tui e
Salceda de Caselas.
A “Senda dos Humedais” pasa por algúns dos
hábitats de interese comunitario deste LIC, e ademais
enlaza con outras rutas permitindo un coñecemento
máis amplo deste e outros espazos naturais.

HÁBITATS DE INTERESE COMUNITARIO no
LIC GÁNDARAS DE BUDIÑO

 

(Directiva 92/43/CEE de Conservación dos Hábitats Naturais e da Fauna e la Flora Silvestres)

  • Bosques aluviais de ameneiros
  • Uceiras húmidas atlánticas
  • Depresións sobre sustratos turbosos
  • Augas oligotróficas con contido de minerais moi  baixo
  • Lagos eutróficos naturais con vexetación
  • Turbeiras altas activas
  • Mires de transición

 

Información do roteiro

  • Distancia: 9,13 Km
  • Duración: 90 min
  • Tipo de percorrido: circular.
  • Dificultad: fácil, cun desnivel aproximado de 82 metros.
  • Ben sinalizada.

 

Descripción do percorrido

A auga define o carácter deste roteiro. Acompañará o noso percorrido, e seremos testemuñas da súa lenta viaxe a través dunha rede de regatos, ríos, brañas, gándaras e arroios.

No primeiro tramo, un conxunto de vellos muíños agardan ansiosos volver á actividade grazas as augas dun pequeno regato. Máis adiante, estas augas únense coas do río Becerreira, xunto coas filtradas pola braña da «rega da lama», unha área de gran relevancia ecolóxica.

O Becerreira, tamén coñecido como río Tinto, lévanos ata o río que moldeou a depresión onde se atopan estes hábitats de valor singular: o Louro.

O bosque asolagado que atopamos nesta parte do camiño parece sacado dun conto de fadas. Logo, chegamos a un lugar que noutro tempo foi danado pola actividade humana, un antigo vertedoiro, onde a natureza está a recuperar o que lle foi arrebatado.

Finalmente, seguindo as augas que serpentean polos arroios, chegamos aos campos de cultivo e prados, que tamén contribúen ao mantemento dunha biodiversidade fascinante.

SENDA DOS HUMIDAIS

Salceda de Caselas, moito para ofrecer

Unha oferta turística de calidade espérache no noso municipio

Feiras e festas

Feiras e festas

As feiras e festas de Salceda son un colorido encontro onde a alegría e a tradición fusiónanse en cada recuncho do noso concello.

Contornas  naturais

Contornas naturais

Salceda de Caselas é un tesouro natural que emociona coa súa diversidade paisaxística. Onde a serenidade da natureza fusiónase coa vida cotiá.

O municipio

O municipio

As parroquias, coas súas tradicións arraigadas e o seu forte sentido de comunidade, reflicten a historia e a identidade de Salceda de Caselas.

Roteiros de sendeirismo

Roteiros de sendeirismo

Os roteiros de sendeirismo eríxense como unha invitación para explorar a beleza natural do noso concello.

Entroido de Salceda de Caselas

Entroido de Salceda de Caselas

Con máis de 130 anos de historia, o entroido de Salceda de Caselas converteuse nun dos máis emblemáticos do baixo Miño.

Share This