Praza do Concello nº12, Salceda de Caselas, 36470 Pontevedra

+34 986 349 003

Máis de 130 anos de historia

Benvidos/as ao Entroido de Salceda de Caselas, unha celebración arraigada na tradición e a rivalidade entre os barrios de Castro Barreiro e A Feira, que se estende xa ás sete parroquias.

 

O ENTROIDO DE SALCEDA DE CASELAS

Con máis de 130 anos de historia, o Entroido de Salceda de Caselas converteuse nun dos máis emblemáticos da provincia de Pontevedra, atraendo visitantes de todas partes a gozar do histórico enfrontamento entre A Feira e Castro Barreiro. O luns de Entroido os dous barrios celebran cadansúa verbena de disfraces que se ten convertido xa en referencia en toda a contorna, e á que acoden centos de persoas nunha noite máxica que anuncia o grande enfrontamento que cada ano se produce o martes de Entroido (festivo local). É precisamente o martes cando os dous barrios sacan a «artillería pesada» das súas carrozas e comparsas, reeditando o seu enfrontamento ano tras ano na contorna da praza do Concello e, posteriormente, no cruceiro de Fonte da Pedra, onde ambas as dúas comparsas se despiden ata o vindeiro ano.

Desde hai anos vén cobrando tamén grande importancia o Entroido tradicional, coa recuperación do rancho de Entroido e os cabaleiros que ten feito o barrio da Feira logo de décadas desaparecido, e que cada domingo de Entroido pola mañá reaparece nas rúas da vila.

Sen dúbida este histórico enfrontamento é responsable tamén do nivel que leva acadado o desfile de carrozas e comparsas que cada domingo de Entroido se celebra polas rúas da vila, e que reúne milleiros de persoas nun dos desfiles máis multitudinarios da contorna, no que participan agrupacións tanto de Salceda coma doutros concellos. 

O Entroido de Salceda de Caselas é unha celebración vibrante e chea de vida que combina a tradición coa creatividade. É unha experiencia única que deixa unha impresión duradeira en quen ten a sorte de participar nela.

Salceda de Caselas, moito para ofrecer

Feiras e festas

Feiras e festas

As feiras e festas de Salceda son un colorido encontro onde a alegría e a tradición fusiónanse en cada recuncho do noso concello.

Contornas  naturais

Contornas naturais

Salceda de Caselas é un tesouro natural que emociona coa súa diversidade paisaxística. Onde a serenidade da natureza fusiónase coa vida cotiá.

O municipio

O municipio

As parroquias, coas súas tradicións arraigadas e o seu forte sentido de comunidade, reflicten a historia e a identidade de Salceda de Caselas.

Roteiros de sendeirismo

Roteiros de sendeirismo

Os roteiros de sendeirismo eríxense como unha invitación para explorar a beleza natural do noso concello.

Share This