SANTOS XUSTOS E PASTOR DE ENTENZA
PÓRTICO DE ARCO DE MEDIO PUNTO
A fachada principal, no oeste, presenta unha gran sinxeleza. A porta fórmase cun arco de medio punto sen máis adornos que as arestas rebaixadas e o marcado das doelas que forman o arco.
No centro unha ventá circular con moldura. Nesa altura inicia, nos extremos, a cornixa moldurada que percorrerá os parámetros laterais baixo o alero do tellado.
O campanario ten catro ocos de arco semicircular moldurados e con adorno central superior r balaustrada pétrea de tres pés en cada un deles. Remátase con agulla en forma de pirámide octogonal que finaliza en bola e cruz pétrea.
No interior o piso e de pedra. Os paramentos da nave están enfuscados, igual co teito a dúas augas, deixando en pedra vista os arcos portantes e as pilastras que os sustentan, así cómo os ocos do segundo tramo onde se sitúan os retablos laterais e os arcosolios do terceiro tramo.
O retablo maior ocupa completamente o paramento leste. Un fermoso frontal de altar divide o sotoblanco aproveitado a modo de armario con decoración xeométrica nas súas portas.
As fornelas co corpo están ocupadas polas imaxes de San Pedro e San Paulo. A fornela central do ático ten os patróns Santos Xustos e Pastor. A dereita acolle a San Miguel e a da esquerda unha imaxe da Virxe do Carme que non pertence o conxunto.
No paramento norte está o da Virxe do Rosario, e un retablo de transición o Neoclásico segundo nos mostra a súa estrutura sobre liñas máis depuradas, pero aprovéitanse adornos florais propios do Barroco.
A fornela central está ocupada pola imaxe da Virxe co neno, e as laterais están ocupadas por San Bieito e San Francisco.
No paramento sur a fornela pétrea adórnase cunha moldura en bocel, o retablo que a ocupa está dedicado a Dolorosa. É un retablo fornela para a colocación dunha soa imaxe, Barroco de comenzos do século XVIII.
Preto da igrexa atopamos un cruceiro recente e un peto das ánimas.
Salceda de Caselas, moito para ofrecer
Unha oferta turística de calidade espérache no noso municipio
Patrimonio de Salceda de Caselas
A riqueza patrimonial de Salceda é un tesouro da historia e a cultura, onde o tempo pasado entrelázase co presente.
Feiras e festas
As feiras e festas de Salceda son un colorido encontro onde a alegría e a tradición fusiónanse en cada recuncho do noso concello.
Contornas naturais
Salceda de Caselas é un tesouro natural que emociona coa súa diversidade paisaxística. Onde a serenidade da natureza fusiónase coa vida cotiá.
O municipio
As parroquias, coas súas tradicións arraigadas e o seu forte sentido de comunidade, reflicten a historia e a identidade de Salceda de Caselas.
Roteiros de sendeirismo
Os roteiros de sendeirismo eríxense como unha invitación para explorar a beleza natural do noso concello.
Entroido de Salceda de Caselas
Con máis de 130 anos de historia, o entroido de Salceda de Caselas converteuse nun dos máis emblemáticos do baixo Miño.