Praza do Concello nº12, Salceda de Caselas, 36470 Pontevedra

+34 986 349 003

SANTO TOMÉ DE PARDERRUBIAS

ANEXO DE PARDERRUBIAS

Esta parroquia foi anexo de Parderrubias, igual que San Xurxo.

O Señor da Picoña, Luis Troncoso de Lira, co consentimento dos dous abades, Don García Losada e Sotomaior, de Parderrubias, e Francisco de la Carrera Bugarín, da Picoña, solicitou ao Bispo de Tui Don Anselmo Gómez de la Torre a permuta do anexo de San Salvador de Nogueira pola parroquia se San Martiño da Picoña para que esta pasar a ser ser anexo de Parderrubias, segundo o documento datado o 19 de outubro do ano 1694.

A fachada principal preséntase apilastrada nas esquinas. A porta principal no centro e de arco semicircular e adiántase sobre o plano cunhas pilastras de adorno e moldura partida polo adorno do centro do dintel que fai apoio a unha cornixa moldurada a modo de viseira.

No interior o piso e de pedra e as paredes e bóveda están enfuscadas e pintadas de branco. O retablo maior foi trasladado da antiga igrexa para este lugar, adaptándoo ao paramento. Esta enmarcado nun arco de pedra e apoiado sobre unha base de pedra na parte central.

O corpo central limítase con dúas columnas salomónicas, cun anxiño cada unha na parte inferior entre follas e acios de uvas.

A imaxe do patrón, Santo Tomé, está na fornela lateral dereita. A súa figura leva palio e libro. A rúa lateral ocúpaa San Sebastián, e nos apoios laterais da fornela central, aos lados do sagrario, están as imaxes de Santo Amaro e da Inmaculada.

O retablo do paramento norte presídeo a Virxe do Rosario e nas rúas laterais está San Bieito e San Xosé. As fornelas laterais acollen as imaxes de San Antonio de Padua e Santa Lucía. Toda a imaxinería barroca e de gran calidade.

Salceda de Caselas, moito para ofrecer

Unha oferta turística de calidade espérache no noso municipio

Feiras e festas

Feiras e festas

As feiras e festas de Salceda son un colorido encontro onde a alegría e a tradición fusiónanse en cada recuncho do noso concello.

Contornas  naturais

Contornas naturais

Salceda de Caselas é un tesouro natural que emociona coa súa diversidade paisaxística. Onde a serenidade da natureza fusiónase coa vida cotiá.

O municipio

O municipio

As parroquias, coas súas tradicións arraigadas e o seu forte sentido de comunidade, reflicten a historia e a identidade de Salceda de Caselas.

Roteiros de sendeirismo

Roteiros de sendeirismo

Os roteiros de sendeirismo eríxense como unha invitación para explorar a beleza natural do noso concello.

Entroido de Salceda de Caselas

Entroido de Salceda de Caselas

Con máis de 130 anos de historia, o entroido de Salceda de Caselas converteuse nun dos máis emblemáticos do baixo Miño.