Praza do Concello nº12, Salceda de Caselas, 36470 Pontevedra

+34 986 349 003

SANTA MARÍA DE SALCEDA

ANTIGO MOSTEIRO MEDIEVAL

A Igrexa de Santa María de Salceda está construida sobre unha planta de cruz latina, con fachada franqueada por pilastras e torre campanario de tres corpos decorada con placas. Nos laterais están as capelas, situadas unha a cada lado da ábsida, sendo esta máis alto que a nave.

Fronte á fachada, á nosa dereita destaca unha fermosa oliveira, Olea europea, árbore moi vencellada aos usos litúrxicos e cotiá nos adros das igrexas.

Este templo foi reedificado no ano 1768 sobre a nave dunha antiga igrexa e mosteiro medieval fundado no ano 914 pola raiña Aragonta González, esposa do rei Ordoño,  que constituíu este mosteiro despois de ser repudiada polo seu esposo.

É unha obra artística de estilo Toscano, con torre lateral á que se accede a través dunha escaleira exterior. Destaca a porta norte de acceso ao interior do templo, tamén coñecida como a Porta da Raíña, que recibe ese nome en memoria de Aragonta.

A súa fachada occidental preséntase apilastrada no lado sur, mentras no norte apóiase directamente contra a torre. No centro a porta principal, moldurada e acobadada nas esquinas.

A torre é de base cadrada e ten dous corpos. Está apilastrada nos catro esquinais.

O retablo maior céntrase no paramento leste do presbiterio, non ocupándoo en toda a súa anchura. Levántase sobre un sotobanco quebrado, con pilastras laterais e catro na parte central, as máis exteriores decóranse con marmoreados en tonos verdes e as interiores en ocres. Así dividen o frontal en tres partes, máis ampla a central, con fondo plano en verde e debuxo floral en dourados.

 

Salceda de Caselas, moito para ofrecer

Unha oferta turística de calidade espérache no noso municipio

Feiras e festas

Feiras e festas

As feiras e festas de Salceda son un colorido encontro onde a alegría e a tradición fusiónanse en cada recuncho do noso concello.

Contornas  naturais

Contornas naturais

Salceda de Caselas é un tesouro natural que emociona coa súa diversidade paisaxística. Onde a serenidade da natureza fusiónase coa vida cotiá.

O municipio

O municipio

As parroquias, coas súas tradicións arraigadas e o seu forte sentido de comunidade, reflicten a historia e a identidade de Salceda de Caselas.

Roteiros de sendeirismo

Roteiros de sendeirismo

Os roteiros de sendeirismo eríxense como unha invitación para explorar a beleza natural do noso concello.

Entroido de Salceda de Caselas

Entroido de Salceda de Caselas

Con máis de 130 anos de historia, o entroido de Salceda de Caselas converteuse nun dos máis emblemáticos do baixo Miño.