SAN XURXO DE SALCEDA
RECONSTRUIDA EN 1966
Esta parroquia foi anexo de Parderrubias ata o ano 1739, no que o 28 de abril foi erixida como parroquia independente polo bispo D. Fernando Ignacio de Arango y Queipo, pero permanecendo o dereito de presentación por parte da casa dos Troncoso.
A primitiva igrexa da parroquia estaba situada onde esta agora o cemiterio parroquial.
A igrexa foi reconstruida de 1966 a 1970. A construcción e de hormigón sen estilo definido e recuberta de pedra nos elementos máis nobles.
A fachada principal ao sur, presenta no centro un adiantamento amplo e máis alto onde se acolle a porta principal que está moldurada e con arco superior. Este arco da parte superior da porta é a única liña curva que se observa en toda a fachada.
A torre campanario colócase pegada ao leste. No interior seguen prevalecendo as liñas rectas.
No presbiterio están O Sagrado Corazón, a Virxe co Neno, San Xosé e San Antonio de Padua. Esta última, ao igual que o Cristo, son as que teñen algunha antigüidade. Son do século XVIII e consérvanse en moi bo estado. As outras tres son as clásicas da primeira metade do século XX.
Salceda de Caselas, moito para ofrecer
Patrimonio de Salceda de Caselas
A riqueza patrimonial de Salceda é un tesouro da historia e a cultura, onde o tempo pasado entrelázase co presente.
Feiras e festas
As feiras e festas de Salceda son un colorido encontro onde a alegría e a tradición fusiónanse en cada recuncho do noso concello.
Contornas naturais
Salceda de Caselas é un tesouro natural que emociona coa súa diversidade paisaxística. Onde a serenidade da natureza fusiónase coa vida cotiá.
O municipio
As parroquias, coas súas tradicións arraigadas e o seu forte sentido de comunidade, reflicten a historia e a identidade de Salceda de Caselas.
Roteiros de sendeirismo
Os roteiros de sendeirismo eríxense como unha invitación para explorar a beleza natural do noso concello.
Entroido de Salceda de Caselas
Con máis de 130 anos de historia, o entroido de Salceda de Caselas converteuse nun dos máis emblemáticos do baixo Miño.