SAN VICENTE DE SOUTELO
DESDE O SÉCULO XII
Esta parroquia atopámola xa citada en documentos do século XII, na partilla de igrexas e bens feita entre o Bispo de Tui e o cabido catedralicio, o 1 de decembro de 1156, onde se fai mención desta co santo patrón que aínda ten: San Vicente.
A fachada principal, no oeste, preséntase cunha porta alintelada no centro e con formas curvadas nas esquinas superiores. Enriba dela hai unha ventá en media circunferencia. Remata cunha cornixa moldurada ata a base de espadana. Están presentes dous ocos de arco de medio punto moldurados na parte superior.
A sancristía está acaroada á última parte da nave e á capela maior neste lado sur. Na parede leste da sancristía, nunha pedra que se ve aproveitada, ten gravada a estrela de cinco puntas, que na Idade Media se usaba como signo persoal, pero posteriormente, nos séculos XVII-XVIII, pasou a ter un significado profiláctico, de protección, para evitar males.
No interior da nave ten o piso de terrazo e as paredes de pedra. Xa teñen unha cantería anterior porque estaban pensadas para seren enfuscadas e pintadas.
O teitume e de madeira a dúas augas e o arco triunfal apoia en impostas con bólas.
No paramento leste ten no centro o Sagrario sobre unha columna de pedra. Enriba del un crucifixo e nos lados, sobre peañas de pedra, o Patrón e a Virxe do Rosario. Aos lados do Sagrario, sobre pequenas peañas de madeira, hai dúas pequenas imaxes: San Roque e Santa Lucía.
A data de contrata do retablo maior desta igrexa data do 1 de febreiro de 1754.
Tamén houbo un retablo de Ánimas e outro dedicado á Virxe do Rosario. As imaxes que ocupaban estes retablos son as que na actualidade se conservan en distintas peañas de pedra na nave: Santo Antón de Padua, San Brais e San Martiño.
A cruz parroquial é de prata e data do século XVIII.
Salceda de Caselas, moito para ofrecer
Unha oferta turística de calidade espérate no noso municipio
Patrimonio de Salceda de Caselas
A riqueza patrimonial de Salceda é un tesouro da historia e a cultura, onde o tempo pasado entrelázase co presente.
Feiras e festas
As feiras e festas de Salceda son un colorido encontro onde a alegría e a tradición fusiónanse en cada recuncho do noso concello.
Contornas naturais
Salceda de Caselas é un tesouro natural que emociona coa súa diversidade paisaxística. Onde a serenidade da natureza fusiónase coa vida cotiá.
O municipio
As parroquias, coas súas tradicións arraigadas e o seu forte sentido de comunidade, reflicten a historia e a identidade de Salceda de Caselas.
Roteiros de sendeirismo
Os roteiros de sendeirismo eríxense como unha invitación para explorar a beleza natural do noso concello.
Entroido de Salceda de Caselas
Con máis de 130 anos de historia, o entroido de Salceda de Caselas converteuse nun dos máis emblemáticos do baixo Miño.













