SAN MARTIÑO DA PICOÑA
PADROADO DO SEÑOR DA PICOÑA
Esta igrexa servíu de troco no ano 1694 entre o Señor da Picoña, Don Luis Troncoso de Lira, e o Bispo de Tui. Este recibía a parroquia de Nogueira e entregaba a da Picoña como anexo de Parderrubias, que desde ese momento sería padroado do Señor da Picoña.
A fachada principal é de gran sinxeleza, coa porta no centro, adintelada e sen máis adornos que unha pequena cornixa moldurada por riba do dintel, e na parte superior unha fiestra rectangular co mesmo adorno no lado superior.
No interior presenta o piso de pedra e as paredes e a bóveda de ladrillo en arco, enfuscadas e pintadas.
O altar adiántase e no frontal preséntase un escudo abacial. Na capela maior presenta no centro un pequeno retablo.
As rúas laterais están ocupadas por San Martiño e San Xosé, e sobre o entablamento pousaron a San Amaro e San Gregorio. Xunto ao arco triunfal están dous retablos barrocos. O lado norte ocúpase co retablo da Virxe da O. No lado sur está o Retablo das Ánimas, que se apoia sobre un altar que conserva un fermoso frontal.
Cosérvase unha pía de auga bendita coa inscrición: BALTASAR DA GROBA ME FECIT + 1627 +.
Ao redor da igrexa conserva algúns panteóns antigos con moi bos traballos de cantería.
Salceda de Caselas, moito para ofrecer
Patrimonio de Salceda de Caselas
A riqueza patrimonial de Salceda é un tesouro da historia e a cultura, onde o tempo pasado entrelázase co presente.
Feiras e festas
As feiras e festas de Salceda son un colorido encontro onde a alegría e a tradición fusiónanse en cada recuncho do noso concello.
Contornas naturais
Salceda de Caselas é un tesouro natural que emociona coa súa diversidade paisaxística. Onde a serenidade da natureza fusiónase coa vida cotiá.
O municipio
As parroquias, coas súas tradicións arraigadas e o seu forte sentido de comunidade, reflicten a historia e a identidade de Salceda de Caselas.
Roteiros de sendeirismo
Os roteiros de sendeirismo eríxense como unha invitación para explorar a beleza natural do noso concello.
Entroido de Salceda de Caselas
Con máis de 130 anos de historia, o entroido de Salceda de Caselas converteuse nun dos máis emblemáticos do baixo Miño.