PETOS DAS ÁNIMAS DE SALCEDA DE CASELAS
PETO DAS ÁNIMAS DA ESFARRAPADA
PETO DAS ÁNIMAS DA VENDANOVA
PETO DAS ÁNIMAS DO MONTE DA PEDRA
PETO DAS ÁNIMAS DE SAN JORGE
PETO DAS ÁNIMAS DE SANTA BÁRBARA
PETO DAS ÁNIMAS DA FONTE DE PEDRA
O peto é de tipo aberto con tellado a dúas augas, situado a uns poucos metros do cruceiro. Posiblemente estivese anos atrás coroado por unha cruciña. Perdida a cruz, houbo un tempo no que lle colocaron unha figuriña, que tamén partiu ou roubaron, un San Antonio de Padua encaixado na pedra aparecía por riba do retablo. Actualmente atópase coroado por un meniño de pedra artificial, espido.
Construído en mármore. amosa á Virxe do Carme co neno no colo sobre unha gran nube. Por debaixo aparecen tres ánimas entre as lapas.
Antigamente aparecía gravado por debaixo do fornelo un texto que agora loce nunha placa de mármore e pon:
A DEVOCIÓN DE
JUAN ANTONIO GARCIA SESTELO
AÑO 1904
RESTAURADO EN 1998
Juan Antonio Garcfa Sestelo, veciño de Salceda de Caselas, mandou facer o peto en 1904, en agradecemento as Benditas Animas do Purgatorio que intercederon ante Deus na súa súplica por recuperar a saúde, xa que estaba postrado no leito, queixado dunha gravísima doenza da que os médicos non o daban sanado. A partir desas curacións, tidas por milagreiras en toda a bisbarra, as augas da Fonte da Pedra adquiriron unha grande sona, xa que delas beberon as persoas desafiuzadas polo doutores.
PETO DAS ÁNIMAS E CRUZ DE SANTO TOMÉ DE PARDERRUBIAS
Peto de tipo pechado, que semella bastante vello . Apoiado sobre a base cúbica que sostén unha cruz de pedra, cadrada e sen desbastar, composta de dous elementos: o varal e mailos brazos co tope. Na parte baixa amasa un fornelo rectangular, arqueado por riba.
Actualmente luce un retablo policromado, coa Virxe do Carme na banda esquerda sobre cabeciña de anxo e na dereita unha custodia, sostida por outra cabeciña de anxo. Por debaixo destas imaxes vense dúas ánimas entre as lapas en actitude orante.
Ten reixa protectora fixa e caixón de esmolas, aínda que sen porta de ferro.
Non se ten datos do seu ano de construcción pero sabemos da súa existencia xa no ano 1921.
Salceda de Caselas, moito para ofrecer
Unha oferta turística de calidade espérache no noso municipio
Patrimonio de Salceda de Caselas
A riqueza patrimonial de Salceda é un tesouro da historia e a cultura, onde o tempo pasado entrelázase co presente.
Feiras e festas
As feiras e festas de Salceda son un colorido encontro onde a alegría e a tradición fusiónanse en cada recuncho do noso concello.
Contornas naturais
Salceda de Caselas é un tesouro natural que emociona coa súa diversidade paisaxística. Onde a serenidade da natureza fusiónase coa vida cotiá.
O municipio
As parroquias, coas súas tradicións arraigadas e o seu forte sentido de comunidade, reflicten a historia e a identidade de Salceda de Caselas.
Roteiros de sendeirismo
Os roteiros de sendeirismo eríxense como unha invitación para explorar a beleza natural do noso concello.
Entroido de Salceda de Caselas
Con máis de 130 anos de historia, o entroido de Salceda de Caselas converteuse nun dos máis emblemáticos do baixo Miño.