LOLI CASTIÑEIRA
ALCALDESA DE SALCEDA DE CASELAS
Este é o espazo oficial do Concello de Salceda de Caselas, esta é a vosa casa, a casa de todos e todas, a casa que todos e todas construímos con agarimo, e na que estamos a poñer todo o noso empeño por facer ben as cousas e traballar para o voso benestar.
Salceda é unha vila viva, unha vila moza, unha vila dinámica, na que o principal tesouro sodes vós: os e as salcedenses. É un enorme orgullo para min ser a vosa alcaldesa, e agardo, xunto cos meus compañeiros Álex, Selene e Marcos, seguir a poñer todo o noso empeño e os nosos esforzos e mellorar cada día un pouquiño máis a vosa calidade de vida. Estou segura, ademais, de que non só o goberno, senón o conxunto das 13 persoas que conformamos a Corporación, remaremos sempre no beneficio da nosa veciñanza.
Non dubidedes de empregar este ou calquera outro medio para trasladarnos as vosas inquedanzas, as vosas solicitudes, as vosas críticas construtivas, e todo aquilo que contribúa a que Salceda siga a ser a mellor vila para vivir, traballar e gozar.
Sempre con vós, a vosa alcaldesa, Loli Castiñeira.
NOVAS
Salceda celebrou 25 anos de Protección Civil
O Concello de Salceda de Caselas acolleu esta fin de semana unha nova xornada provincial das Agrupacións de Persoas Voluntarias de Protección Civil, que serviu ademais para conmemorar os 25 anos da...
A II Gala do Deporte honrará os logros do deporte salcedense
O día 14 de novembro terá lugar no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas a II Gala do Deporte, que porá en valor os logros deportivos das e os deportistas salcedenses nas últimas tempadas, nunha...
Salceda fai accesible o Centro de Servizos Sociais
O Concello de Salceda de Caselas está a executar nestes días as obras para dotar de accesibilidade o Centro de Servizos Sociais, na rúa Compostela. O edificio, que durante décadas estivo cedido á...
Comezan as obras do saneamento de Entenza
O Concello de Salceda de Caselas vén de botar a andar as obras para dotar de saneamento a parroquia de Entenza. Trátase dun investimento valorado en 875.000€ que conta co financiamento da Deputación...
O Concello de Salceda crea o Servizo de Normalización Lingüística
O Concello de Salceda de Caselas pon en marcha un novo servizo para a veciñanza: o Servizo de Normalización Lingüística, para o cal conta cunha subvención de 33.268,94 € da Deputación de Pontevedra....
Despois dos callos chegan os pinchos a Salceda
Este mes de setembro regresa a Salceda de Caselas a súa tradicional XVII Ruta do Pincho Folk, unha cita xa consolidada no calendario gastronómico e cultural do municipio, organizada dende a...
DESCUBRE SALCEDA DE CASELAS
Benvidos e benvidas a Salceda de Caselas, un fermoso concello do sur da provincia de Pontevedra, onde a riqueza cultural se une coa biodiversidade natural. Este municipio, impregnado de historia e tradición, ofrece unha experiencia única para quenes buscan descubrir a esencia auténtica de Galicia.
Salceda de Caselas: natureza, historia e tradición nun corazón cheo de vida
O MUNICIPIO
PATRIMONIO
FESTAS
O ENTROIDO
SENDEIRISMO
CONTORNAS NATURAIS
















