O Concello de Salceda presentou esta mañá o seu Verán Cultural, cunha programación diversa para todos os públicos con máis de 30 actividades. Os actos desenvolveranse entre os días 3 e 20 de xullo, organizados polo Concello e por varios colectivos que estiveron presentes hoxe na presentación.
A Alcaldesa Loli Castiñeira quixo destacar o dinamismo do noso concello, facendo que a nosa programación sexa protagonizada en moitos actos por asociacións e colectivos locais.
A gran novidade deste ano é a primeira edición do concurso de DJ’s Salceda 36470dB. O concurso contará cunha fase previa na que as persoas interesadas en participar terán que enviar unha sesión gravada ata o 30 de xuño. As persoas escollidas finalistas actuarán na fase final, que se desenvolverá na Praza do Concello o xoves 16 de xullo.
A programación infantil terá un lugar destacado con diversas actividades centradas no público máis pequeno. Así, o grupo de participación infanto xuvenil DNI (Departamento de Novas Ideas) participou activamente na programación cultural, escollendo as accións que se desenvolverán no tradicional día da Infancia.
Salceda aposta un ano máis pola programación local, dándolle o protagonismo ás diferentes asociacións do municipio. Así, por exemplo, o baile moderno chegará da man das asociacións de Soutelo, Parderrubias e San Xurxo, e o baile tradicional correrá a cargo dos grupos folclóricos locais.
A música tamén terá un lugar destacado, nun ano moi especial no que a Banda Cultural de Salceda chega ao seu 40 aniversario, coa celebración do XXXIII Festival de Bandas de música, que este ano contará cun man a man entre a Banda Cultural de Salceda e a Banda Veterana de Salceda, unha agrupación xurdida hai dous anos e formada por antigos compoñentes da Banda.
Tampouco podían fallar as citas imprescindibles, como son o desfile da Agrupación Gaiteira de Salceda e o estourazo o sábado 18 ou o acto cívico de nomeamento de salcedenses distinguidos/as o propio domingo 19. A programación das Festas do Cristo complétase coas actuacións da Orquestra Saudade, do grupo A Banda da Loba, Verónica Romero (concursante de OT) e o Combo Dominicano.
Alex Rodríguez, Concelleiro de Cultura, aproveitou para convidar á veciñanza a achegarse a gozar dos diferentes actos e das noites de verán en Salceda, agradecendo o bo traballo que realizan os diferentes colectivos, o voluntariado, o persoal municipal e todas as persoas que fan as festas posible.
PROGRAMACIÓN VERÁN CULTURAL 2026
Venres 3 de xullo
- XX Carnaval de Verán. Organiza Asoc. Xuv. Nós Somos Nós. (Consultar Programación)
- Noite branca. Organiza ACISA (Consultar programación)
Do 4 ao 6 de xullo
- Festas na honra á Virxe da O na Picoña. Consultar programación.
Sábado 4 de xullo
- 59 Rally Recalvi Rías Baixas. Consultar programación.
Domingo 5 de xullo
- Festa de San Tomé de Parderrubias. Consultar programación.
Martes 7
- 22.30 Baile de Salón, Patricia Martínez e alumnado. Parque Raíña Aragonta.
Mércores 8
- 22.30 Grupo Coreográfico de Soutelo – Meraki Community. Parque Raíña Aragonta
Xoves 9
- 20.30 Hamelin de Fran Rei. Teatro Infantil. Praza do Concello
- 22.00 XXVI Festival Folclórico – Parque Raíña Aragonta
Venres 10
- 21.30 Festival Bandas Infantís e Xuvenís. CEP Altamira
- Escola de Música de Salcedo
- Escola de Música de Salceda de Caselas.
Sabado 11
- XXII Rally Sur do Condado. Consultar programación.
- 20.45 Pasarrúas das Bandas dende a Praza do Concello
- 21.30 XXXIII Festival de Bandas de Música de Salceda. CEP Altamira
- Banda Veterana de Salceda
- Banda Cultural de Salceda
Domingo 12
- 22.30 Concerto. KarlsBertycia. Parque Raíña Aragonta.
Luns 13
- 18.00 Día da infancia, con inchables de auga, xogos populares e moito máis.
- 22.30 Cine na Rúa. Rondallas. Praza do Concello
Martes 14
- 22.00 Grupo de Playbacks do CC de San Xorxe. Praza do Concello
Mércores 15
- 22.30 Grupo de Playbacks Xunco de Parderrubias. Praza do Concello
Xoves 16
- 21.00 I Concurso de DJ’s SALCEDA 36470dB. Praza do Concello
Venres 17
- 19.00 I Vaia Cristiño con Chuches Amil. Coorganiza ACDE TrezeCatorze. Parque da Gándara
- 23.00 X Festival Vaia Cristo. Coorganiza ACDE TrezeCatorze. CS O Matadoiro
FESTAS DO CRISTO DAS ANGURIAS
Sábado 18 de xullo
- 20.00 Desfile da Agrupación Gaiteira de Salceda polas rúas da Esfarrapada.
- 22.00 XVII Estourazo de inicio das Festas do Cristo dende o balcón da Casa da Cultura.
- 23.00 Verbena coa Orquestra Saudade
Domingo 19 de Xullo
- 11.30 XV Acto Cívico Salcedenses Distinguidas/os
- 12.45 Misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Entenza.
- 21.00 Concerto da Banda Cultural de Salceda.
- 22.30 Concerto de A Banda da Loba e Verónica Romero.
Luns 20 de xullo
- 19.00 Festa da Escuma. Praza do Concello
- 22.30 Verbena con El Combo Dominicano
OUTRAS ACTIVIDADES
Do 13 ao 17 de xullo. Torneo de fútbol sala “Vila de Salceda” e fase final do V Torneo de Pádel. Complexo Deportivo Altamira.
Do 6 ao 10 de xullo. Torneo Infantil de Fútbol Sala MINICHAMPION SALCEDA. Complexo Deportivo Altamira
8 de agosto. Penedo Remember Fest. Organiza: AV San Tomé de Parderrubias. Consultar programación.




Comentarios recientes