Praza do Concello nº12, Salceda de Caselas, 36470 Pontevedra

+34 986 349 003

Parque Etnográfico Muíños do río Landres

O Parque Etnográfico dos Muíños do Río Landres repártese ao longo dos 839 metros de lonxitude da senda fluvial Francisco Estévez, que une o casco urbano co barrio do Torrón, na parroquia de Entenza.

A senda agocha o conxunto etnográfico máis completo do Concello de Salceda, que está formado por:

  1. – Muiño do Seixo
  2. – Lavadoiro do Seixo
  3. – Muíño do Ghurito
  4. – Muíño do Medio
  5. – Muíño do Buraco
  6. – Muíño das Laxes do Torrón

Os cinco muíños son muíños de herdeiros de canle e unha soa moa, e salvo o muíño do medio, os demais aparecen citados no catastro do Marqués de Ensenada de 1752.

O lavadoiro e os muíños do Seixo e do Medio sitúanse na parroquia de Parderrubias, mentres que os muíños do Buraco e das Laxes do Torrón pertencen á parroquia de Entenza. O Muíño do Ghurito está ubicado entre as dúas parroquias.

Actualmente o único muíño sen reconstruír é o muíño do Buraco, que conserva aínda a configuración incial coa que foi construído antes do 1752. O seu estado actual pode servir como exemplo ilustrativo da situación na que se atopa unha parte moi importante do patrimonio material e histórico de Galicia.

 

Salceda de Caselas, moito para ofrecer

Unha oferta turística de calidade

Feiras e festas

Feiras e festas

As feiras e festas de Salceda son un colorido encontro onde a alegría e a tradición fusiónanse en cada recuncho do noso concello.

Contornas  naturais

Contornas naturais

Salceda de Caselas é un tesouro natural que emociona coa súa diversidade paisaxística. Onde a serenidade da natureza fusiónase coa vida cotiá.

O municipio

O municipio

As parroquias, coas súas tradicións arraigadas e o seu forte sentido de comunidade, reflicten a historia e a identidade de Salceda de Caselas.

Roteiros de sendeirismo

Roteiros de sendeirismo

Os roteiros de sendeirismo eríxense como unha invitación para explorar a beleza natural do noso concello.

Entroido de Salceda de Caselas

Entroido de Salceda de Caselas

Con máis de 130 anos de historia, o entroido de Salceda de Caselas converteuse nun dos máis emblemáticos do baixo Miño.