Parque etnográfico dos muíños do río Caselas
A senda do río Caselas, no seu tramo entre As Pontes e O Rubal, ao longo dos seus 2.014 metros, acolle os cinco muíños que compoñen o parque etnográfico dos muíños do río Caselas. Este espazo ofrece unha contorna para gozar de todo o potencial do patrimonio etnográfico do concello e fai unha clara posta en valor dunhas construcións tan especiais como son os muíños e da súa contorna máis próxima, ofertando alternativas de ocio para a poboación.
Os muíños rehabilitados son:
Muíño das Covas
Muíño da Laxe ou dos Cregos
Muíño de Figueiras (un de xofre e outro de gran)
Muíño de Marcial ou Fondóns
O Muíño da Laxe ou dos Cregos habilitouse como centro de interpretación, recuperouse toda a maquinaria e permitiuse, deste xeito, a súa posta en funcionamento para visitas e actividades diversas. Ao mesmo tempo, este muíño é a aula didáctica onde, a través de paneis explicativos, se dá a coñecer a riqueza destes elementos singulares do noso patrimonio vinculados ao río Caselas, e tamén do conxunto dos 56 muíños catalogados no noso concello.
Salceda de Caselas, moito para ofrecer
Unha oferta turística de calidade espérate no noso municipio
Patrimonio de Salceda de Caselas
A riqueza patrimonial de Salceda é un tesouro da historia e a cultura, onde o tempo pasado entrelázase co presente.
Feiras e festas
As feiras e festas de Salceda son un colorido encontro onde a alegría e a tradición fusiónanse en cada recuncho do noso concello.
Contornas naturais
Salceda de Caselas é un tesouro natural que emociona coa súa diversidade paisaxística. Onde a serenidade da natureza fusiónase coa vida cotiá.
O municipio
As parroquias, coas súas tradicións arraigadas e o seu forte sentido de comunidade, reflicten a historia e a identidade de Salceda de Caselas.
Roteiros de sendeirismo
Os roteiros de sendeirismo eríxense como unha invitación para explorar a beleza natural do noso concello.
Entroido de Salceda de Caselas
Con máis de 130 anos de historia, o entroido de Salceda de Caselas converteuse nun dos máis emblemáticos do baixo Miño.













