Praza do Concello nº12, Salceda de Caselas, 36470 Pontevedra

+34 986 349 003

Muiños do regueiro do Silval

Situados na parroquia da Picoña, á beira do río Caselas (Lat. 42° 8’10.69″N, Lonx. 8°34’13.11″O) cando este deixa os montes do seu nacemento e comezan a aparecer os núcleos de vivendas, neste caso dos barrios de Loureiro ao este e A Fraga no oeste. Componse de varios muíños en fase de recuperación e pequenos regatos e nacementos de auga que lle chegan ao Caselas por ambos lados en forma de pequenos saltos de auga, debido á pendente existente, xa que neste tramo o río se encaixa nun pequeno val formado polos barrios antes mcionados. A auga desvíase do río e encarréirase paralela a este pero a distinto nivel, e que vai pasando aos muíños por fermosas canles de pedra.

A vexetación que atopamos é potencialmente de bosque de galería, amieiros e salgueiros, tamén vimbios, e algo de carballo e loureiro, co sotobosque herboso que en primavera se enche de pequenas flores habituais de ríos e regatos como prímulas e violetas. Ao estar encaixado e recuberto de árbores é unha zona sombría e é doado topar distintos tipos de musgos, PolytrichiumPseudoscleropodium, etc., recubrindo solos, pedras e troncos.

No entorno atopamos que a parte alta está poboada maioritariamente por bosque mixto de piñeiro, eucalipto, castiñeiro e canto máis baixo os terreos xa se destinan a cultivo ou pasto con moita presenza de viña.

A zona é un dos puntos de paso da ruta dos montes de San Cibrán (PR-G132), onde se habilitaron paneis interpretativos con información sobre a parroquia e os muíños.

Salceda de Caselas, moito para ofrecer

Unha oferta turística de calidade espérache no noso municipio

Feiras e festas

Feiras e festas

As feiras e festas de Salceda son un colorido encontro onde a alegría e a tradición fusiónanse en cada recuncho do noso concello.

Contornas  naturais

Contornas naturais

Salceda de Caselas é un tesouro natural que emociona coa súa diversidade paisaxística. Onde a serenidade da natureza fusiónase coa vida cotiá.

O municipio

O municipio

As parroquias, coas súas tradicións arraigadas e o seu forte sentido de comunidade, reflicten a historia e a identidade de Salceda de Caselas.

Roteiros de sendeirismo

Roteiros de sendeirismo

Os roteiros de sendeirismo eríxense como unha invitación para explorar a beleza natural do noso concello.

Entroido de Salceda de Caselas

Entroido de Salceda de Caselas

Con máis de 130 anos de historia, o entroido de Salceda de Caselas converteuse nun dos máis emblemáticos do baixo Miño.