Praza do Concello nº12, Salceda de Caselas, 36470 Pontevedra

+34 986 349 003

Muiños do Bacón

 No curso do regato Bacón, afluente do río Caselas (Lat.  42° 7’14.83″N, Lonx. 8°34’14.46″O) atopamos unha serie de muíños (Bacón, Congostas e Carneiro), unha poza e cortellas, nunha fermosa fraga, rodeada de socalcos con antigos muros de pedra. Na contorna domina a cor verde, xa que é unha zona sombría, recuberta por arborado maioritariamente composto por carballo e loureiro pero as alóctonas comezan a gañar espazo. No sotobosque medran fentos nas zonas máis próximas á auga, xibardas, cistáceas, xestas e toxos, os últimos nas zonas máis afastadas. As construcións, actualmente en estado ruinoso, así como os muros que forman os numerosos socalcos colonizáronse con musgos, couselos e hedras, todo isto regado polo Bacón e os numerosos nacentes da auga das paredes pedregosas da zona.

No solo atopamos a influencia do granito, tan importante en zonas próximas como a do Faro de Budiño, que nestas terras se amosa en forma de xabre.

Os camiños que parten ou chegan a este punto, cara A Picoña ou San Xurxo, son estreitos e están acompañados por solos empedrados, laxas de granito marcando os laterais e bóvedas formadas por carballos, loureiros ou en ocasións viñas, o que lle dá un encanto especial e que fai que mereza a pena recorrelos.

A fauna da zona é a mesma que a das zonas próximas coma o Faro de Budiño ou As Conforcadas e posiblemente sirva de paso ao xabaríl cara as zonas de cultivo próximas. A poza supón un bo punto de cría para anfibios xa que non se limpa regularmente e con eles os seus depredadores como a serpe de auga.

É un dos puntos destacados da ruta dos Montes de San Cibrán (PR-G 132), que comeza a un quilómetro escaso regato arriba.

Salceda de Caselas, moito para ofrecer

Unha oferta turística de calidade espérache no noso municipio

Feiras e festas

Feiras e festas

As feiras e festas de Salceda son un colorido encontro onde a alegría e a tradición fusiónanse en cada recuncho do noso concello.

Contornas  naturais

Contornas naturais

Salceda de Caselas é un tesouro natural que emociona coa súa diversidade paisaxística. Onde a serenidade da natureza fusiónase coa vida cotiá.

O municipio

O municipio

As parroquias, coas súas tradicións arraigadas e o seu forte sentido de comunidade, reflicten a historia e a identidade de Salceda de Caselas.

Roteiros de sendeirismo

Roteiros de sendeirismo

Os roteiros de sendeirismo eríxense como unha invitación para explorar a beleza natural do noso concello.

Entroido de Salceda de Caselas

Entroido de Salceda de Caselas

Con máis de 130 anos de historia, o entroido de Salceda de Caselas converteuse nun dos máis emblemáticos do baixo Miño.