Praza do Concello nº12, Salceda de Caselas, 36470 Pontevedra

+34 986 349 003

Cruceiro de Souto Maceira de Parderrubias

Cruceiro cun varal moi alto, quizais o maior de todo o concello. Presenta tres gradas como alicerce dunha base cúbica de bo tamaño. Varal, primeiramente rectangular, logo en forma de prisma octogonal para rematar sendo un cilindro. A orixinalidade deste varal baséase nos santos que o adobían. Pola metade do fuste vemos un santo (quizais Santo Tomé, o patrón da parroquia de Parderrubias) e por detrás Santo Antonio que no canto de telas costas pegadas ó varal, ten o seu lado esquerdo, deste xeito pódese ver de fronte dende o camiño, pois por estar o cruceiro metido nunha esquina, de estar na súa posición normal apenas se vería.

Capitel de catro lados curvos, cunha cabeciña de anxo con ás na metade de cada un, afastados por espirais nas esquinas e por debaixo folliñas agrupadas en dúas riscas. Cruz  rectangular, coas arestas rebaixadas pero os extremos de brazos e testeiro acaban en cadrado. Polo anverso amasa un Cristo. No reverso atopamos unha Virxe de pequeno tamaño, de pé coas mans en oración unidas sobre o peito e cuberta cun mantelo.

 

O ano da súa feitura aparece gravado na base. Trátase do 1799. Por ser o último ano do século XVIII ben poderíase tratar dun cruceiro xubilar, feito, precisamente para celebrar o novo século que se aveciñaba, pois o ano 1800 era santo . Os epígrafes aparecen gravados no cubo que sostén o varal, pertencen a dúas épocas ben diferentes . Os que están nas caras do cubo son os que mandou facer a muller que pagou o cruceiro e os que están no bisel, o que o limpou 113 anos despois. Esta é a distribución das mensaxes, tanto na cara dianteira como na esquerda da base:

Por diante:

 BISEL:    «RICARDO F. AÑ0 912»

CARA:  «ESTA OBRA SE IZO A DEVOCION DE M

                ARIA ANTONIO ALOS»

 Lado Esquerdo:

 BISEL:    «MANDO LIMPIAR»

CARA :  VIUDA DE JOSE PE

                RES AÑO  1799″

Ou sexa: «MANDOUNO L/MPAR RICARDO F(ernández). ANO ( 1)912″ (no epígrafe que gravou omitiu a cifra dos millares) e «ESTA OBRA FÍXOSE A DEVOCIÓN DE MARÍA ANTONIA ALO(n)S(o) , VIÚVA DE JOSÉ PÉRES. ANO 1799»

Salceda de Caselas, moito para ofrecer

Unha oferta turística de calidade espérache no noso municipio

Feiras e festas

Feiras e festas

As feiras e festas de Salceda son un colorido encontro onde a alegría e a tradición fusiónanse en cada recuncho do noso concello.

Contornas  naturais

Contornas naturais

Salceda de Caselas é un tesouro natural que emociona coa súa diversidade paisaxística. Onde a serenidade da natureza fusiónase coa vida cotiá.

O municipio

O municipio

As parroquias, coas súas tradicións arraigadas e o seu forte sentido de comunidade, reflicten a historia e a identidade de Salceda de Caselas.

Roteiros de sendeirismo

Roteiros de sendeirismo

Os roteiros de sendeirismo eríxense como unha invitación para explorar a beleza natural do noso concello.

Entroido de Salceda de Caselas

Entroido de Salceda de Caselas

Con máis de 130 anos de historia, o entroido de Salceda de Caselas converteuse nun dos máis emblemáticos do baixo Miño.