Praza do Concello nº12, Salceda de Caselas, 36470 Pontevedra

+34 986 349 003

Peto de ánimas e Cruz Alta de Santo Tomé de Parderrubias

Peto de tipo pechado, apoiado sobre unha base cúbica que sostén unha cruz de pedra, cadrada e sen desbastar.A Cruz está composta polo varal e os brazos co tope.
Na súa parte baixa presenta un fornelo rectangular lixeiramente arqueado no seu ángulo superior. Actualmente loce un retablo policromado, coa Virxe do Carme na banda esquerda sobre unha cabeciña de anxo e na dereita unha custodia, sostida por outra cabeciña de anxo. Por debaixo destas imaxes vense dúas ánimas entre as lapas en actitude orante.

Anteriormente o retablo era de madeira sen policromar. Presidía a escena das ánimas unha cruz sen figura na parte central e alta, e pola dereita unha Virxe co Neno no seu regazo.

Posúe unha reixa protectora fixa e caixón de esmolas, aínda que sen porta de ferro.
Coñécese a súa existencia dende o ano 1921, pero non se sabe con exactitude a data no que se mandou construir.

Foi restaurado no ano 2011, despois de sufrir un golpe por parte dun automobil. No momento da súa restauración moveuse cara un lado.

A cruz e mailo peto aparecen recollidos nos libro «Cruces e cruceiros de Galicia» e «Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra» (Fernández de la Cigoña Núñez, 1997:119 e 1998:364)

 

Salceda de Caselas, moito para ofrecer

Unha oferta turística de calidade espérache no noso municipio

Feiras e festas

Feiras e festas

As feiras e festas de Salceda son un colorido encontro onde a alegría e a tradición fusiónanse en cada recuncho do noso concello.

Contornas  naturais

Contornas naturais

Salceda de Caselas é un tesouro natural que emociona coa súa diversidade paisaxística. Onde a serenidade da natureza fusiónase coa vida cotiá.

O municipio

O municipio

As parroquias, coas súas tradicións arraigadas e o seu forte sentido de comunidade, reflicten a historia e a identidade de Salceda de Caselas.

Roteiros de sendeirismo

Roteiros de sendeirismo

Os roteiros de sendeirismo eríxense como unha invitación para explorar a beleza natural do noso concello.

Entroido de Salceda de Caselas

Entroido de Salceda de Caselas

Con máis de 130 anos de historia, o entroido de Salceda de Caselas converteuse nun dos máis emblemáticos do baixo Miño.