
Cruceiro da Fonte da Pedra
Cruceiro sobre tres chanzos e base troncopiramidal. O seu varal ten forma cilíndrica e lisa, que se coros por un capitel con catro cabeciñas de anxo afastados por follas.
A cruz, de forma cadrada, ten polo seu anverso a un Cristo crucificado, ben labardo, baixo cartela de INRI. No reverso aparece a figura da Virxe sentada co fillo morto no seu colo.
Na base e pola cara dianteira ten a seguinte inscrición:
“ESTE CRUCERO M
ANDO ACER ALON
SO DE MRANDA V.D.
SAN CIPRIAN DE LAS VIÑAS
PR. DE ORENSE. AÑO 1721”
Na parte dianteira leva outra inscrición:
“SOLO EN DIOS
LA CONFIANZA”
Este cruceiro forma parte dun conxunto composto polo propio cruceiro e o peto de ánimas de Fonte da Pedra (http://patrimoniogalego.net/index.php/49719/2013/09/peto-de-animas-de-fonte-da-pedra/).
Todo o conxunto se atopa nunha encrucillada de camiños entre a igrexa de Santa María e o Pazo de Aballe.
O lugar onde está este cruceiro foi dende sempre punto de destino das principais procesións dentro do calendario relixioso da igrexa de Santa María. Neste lugar tamén se celebraban as “tardeadas de festa”. Hoxe en día e o punto de encontro e despedida para as diferentes celebracións de Entroido: despedida das carrozas, “enfrontamento” entre os veciños de Castro Barreiro e A Feira.
Salceda de Caselas, moito para ofrecer
Unha oferta turística de calidade espérache no noso municipio
Patrimonio de Salceda de Caselas
A riqueza patrimonial de Salceda é un tesouro da historia e a cultura, onde o tempo pasado entrelázase co presente.
Feiras e festas
As feiras e festas de Salceda son un colorido encontro onde a alegría e a tradición fusiónanse en cada recuncho do noso concello.
Contornas naturais
Salceda de Caselas é un tesouro natural que emociona coa súa diversidade paisaxística. Onde a serenidade da natureza fusiónase coa vida cotiá.
O municipio
As parroquias, coas súas tradicións arraigadas e o seu forte sentido de comunidade, reflicten a historia e a identidade de Salceda de Caselas.
Roteiros de sendeirismo
Os roteiros de sendeirismo eríxense como unha invitación para explorar a beleza natural do noso concello.
Entroido de Salceda de Caselas
Con máis de 130 anos de historia, o entroido de Salceda de Caselas converteuse nun dos máis emblemáticos do baixo Miño.