Praza do Concello nº12, Salceda de Caselas, 36470 Pontevedra

+34 986 349 003

A Praza do Concello de Salceda de Caselas acollerá este sábado a saída do III Rally Condado Classic Concello de Salceda de Caselas, o rally de regularidade organizado polo Club “Clásicos e históricos Condado Paradanta”.  A saída realizarase a partires das 15.45 horas.

                A proba consta de 14 tramos que suman un total de 154 kilómetros, e que rematará no balneario de Mondariz. Nesta ocasión serán 54 os vehículos que tomarán a saída, con participantes que chegan de toda a xeografía pontevedresa, con presenza tamén da Coruña e Sarria, e por suposto tamén vehículos chegados dende Portugal.

                Dende a organización animan á toda a veciñanza a achegarse a gozar deste espectáculo, con vehículos como un caterham Seven, ou curiosidades como un Mini do ano 66, coche máis antigo dos que participará nesta edición da proba.  Cabe lembrar que se trata dun rally de regularidade que se celebra con tráfico aberto e no que os vehículos participantes deben respectar as normas de circulación.

                A organización estableceu o trofeo especial “Luis Carlos Mella” ao equipo mellor clasificado.

                Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda, animou a toda a veciñanza a gozar deste espectáculo único que o sábado inundará as rúas de Salceda: “Salceda é terra de rallys, e o Condado Classic é unha desas citas que ano a ano vai ganando maior expectación entre o público”. A Alcaldesa quixo ademais felicitar á organización polo traballo impecable que está a realizar con esta proba: “as portas de Salceda estarán sempre abertas para iniciativas tan interesantes coma esta”.

Share This