LOLI CASTIÑEIRA

ALCALDESA DE SALCEDA DE CASELAS

 

Este é o espazo oficial do Concello de Salceda de Caselas, esta é a vosa casa, a casa de todos e todas, a casa que todos e todas construímos con agarimo, e na que estamos a poñer todo o noso empeño por facer ben as cousas e traballar para o voso benestar.

Salceda é unha vila viva, unha vila moza, unha vila dinámica, na que o principal tesouro sodes vós: os e as salcedenses. É un enorme orgullo para min ser a vosa alcaldesa, e agardo, xunto cos meus compañeiros Álex, Selene e Marcos, seguir a poñer todo o noso empeño e os nosos esforzos e mellorar cada día un pouquiño máis a vosa calidade de vida. Estou segura, ademais, de que non só o goberno, senón o conxunto das 13 persoas que conformamos a Corporación, remaremos sempre no beneficio da nosa veciñanza.

Non dubidedes de empregar este ou calquera outro medio para trasladarnos as vosas inquedanzas, as vosas solicitudes, as vosas críticas construtivas, e todo aquilo que contribúa a que Salceda siga a ser a mellor vila para vivir, traballar e gozar.

Sempre con vós, a vosa alcaldesa, Loli Castiñeira.

NOVAS

Avanzan as obras do saneamento de Entenza

Avanzan as obras do saneamento de Entenza

As obras de construción da rede de saneamento na parroquia de Entenza que o Concello de Salceda de Caselas está a executar avanzan a bo ritmo e segundo o libro de ruta previsto. Así o puideron...

Salceda poderá ampliar a Praza da Devesa

Salceda poderá ampliar a Praza da Devesa

A Alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, vén de asinar ante notario a compra da parcela existente no entorno da Praza da Devesa. A parcela pertencía á SAREB, e está sendo empregada...

Pleno Extraordinario

Pleno Extraordinario

Neste enlace podes seguir o Pleno Extraordinario que se celebra o 2 de outubro de 2025 ás 20:30 https://youtube.com/live/fupPlZutJc0?feature=share

Plan estratéxico do Programa DUS 5000

Plan estratéxico do Programa DUS 5000

Neste enlace podes consultar o Plan estratéxico realizado ao abeiro do programa de axudas para inversións a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico (PROGRAMA...

DESCUBRE SALCEDA DE CASELAS

Benvidos e benvidas a Salceda de Caselas, un fermoso concello do sur da  provincia de Pontevedra, onde a riqueza cultural se une coa biodiversidade natural. Este municipio, impregnado de historia e tradición, ofrece unha experiencia única para quenes buscan descubrir a esencia auténtica de Galicia.

Salceda de Caselas: natureza, historia e tradición nun corazón cheo de vida

O MUNICIPIO

PATRIMONIO

FESTAS

O ENTROIDO

SENDEIRISMO

CONTORNAS NATURAIS

Contacta co concello

ENVÍANOS A TÚA CONSULTA

POLÍTICA DE PRIVACIDADE.

Salceda de Caselas