LOLI CASTIÑEIRA

ALCALDESA DE SALCEDA DE CASELAS

 

Este é o espazo oficial do Concello de Salceda de Caselas, esta é a vosa casa, a casa de todos e todas, a casa que todos e todas construímos con agarimo, e na que estamos a poñer todo o noso empeño por facer ben as cousas e traballar para o voso benestar.

Salceda é unha vila viva, unha vila moza, unha vila dinámica, na que o principal tesouro sodes vós: os e as salcedenses. É un enorme orgullo para min ser a vosa alcaldesa, e agardo, xunto cos meus compañeiros Álex, Selene e Marcos, seguir a poñer todo o noso empeño e os nosos esforzos e mellorar cada día un pouquiño máis a vosa calidade de vida. Estou segura, ademais, de que non só o goberno, senón o conxunto das 13 persoas que conformamos a Corporación, remaremos sempre no beneficio da nosa veciñanza.

Non dubidedes de empregar este ou calquera outro medio para trasladarnos as vosas inquedanzas, as vosas solicitudes, as vosas críticas construtivas, e todo aquilo que contribúa a que Salceda siga a ser a mellor vila para vivir, traballar e gozar.

Sempre con vós, a vosa alcaldesa, Loli Castiñeira.

NOVAS

1ª edición do mercado Patas Arriba

1ª edición do mercado Patas Arriba

Os días 7 e 8 de xuño celébrase por primeira vez o Mercado Patas Arriba, un evento solidario en apoio aos animais que reunirá a varias protectoras da zona, nunha fin de semana chea de actividades...

Pleno Extraordinario Urxente

Pleno Extraordinario Urxente

Neste enlace podes seguir o Pleno Extraordinario Urxente convocado para o xoves 29 de maio de 2025 ás 20:30 https://www.youtube.com/live/lhma21TGlWQ

Autorización de Fogueiras de San Xoán

Autorización de Fogueiras de San Xoán

Aberto o prazo para a solicitude de autorización para celebrar fogueiras de San Xoán. As persoas ou entidades promotoras deberán solicitalo no rexistro municipal ou pola sede electrónica, adxuntando...

Pleno extraordinario urxente

Pleno extraordinario urxente

Neste enlace podes seguir o Pleno Extraordinario Urxente convocado para o xoves 8 de maio de 2025 ás 20:30 https://www.youtube.com/live/Ykst25R-H-g

DESCUBRE SALCEDA DE CASELAS

Benvidos e benvidas a Salceda de Caselas, un fermoso concello do sur da  provincia de Pontevedra, onde a riqueza cultural se une coa biodiversidade natural. Este municipio, impregnado de historia e tradición, ofrece unha experiencia única para quenes buscan descubrir a esencia auténtica de Galicia.

Salceda de Caselas: natureza, historia e tradición nun corazón cheo de vida

O MUNICIPIO

PATRIMONIO

FESTAS

O ENTROIDO

SENDEIRISMO

CONTORNAS NATURAIS

Contacta co concello

ENVÍANOS A TÚA CONSULTA

POLÍTICA DE PRIVACIDADE.

Salceda de Caselas