Praza do Concello nº12, Salceda de Caselas, 36470 Pontevedra

+34 986 349 003

O Concello de Salceda de Caselas incorporará un novo administrativos para os departamentos de urbanismo e medioambiente a partires do vindeiro 4 de decembro. A contratación, que se extenderá por un periodo de 9 meses, foi posible grazas á subvención de 16.380,09€ recibida da Xunta de Galicia e cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021 – 2027. O mozo que pasará a ocupar o posto foi seleccionado entre as persoas inscritas no Fondo de Garantía Xuvenil que cumprían cos requisitos para a contratación.

A incorporación desta nova persoa suporá un apoio fundamental para os servizos de urbanismo e medioambiente. Especialmente este último vén incrementando notablemente a carga de traballo debido fundamentalmente aos numerosos expedientes de xestión de biomasa que se tramitan.

Share This