LOLI CASTIÑEIRA
ALCALDESA DE SALCEDA DE CASELAS
Este é o espazo oficial do Concello de Salceda de Caselas, esta é a vosa casa, a casa de todos e todas, a casa que todos e todas construímos con agarimo, e na que estamos a poñer todo o noso empeño por facer ben as cousas e traballar para o voso benestar.
Salceda é unha vila viva, unha vila moza, unha vila dinámica, na que o principal tesouro sodes vós: os e as salcedenses. É un enorme orgullo para min ser a vosa alcaldesa, e agardo, xunto cos meus compañeiros Álex, Selene e Marcos, seguir a poñer todo o noso empeño e os nosos esforzos e mellorar cada día un pouquiño máis a vosa calidade de vida. Estou segura, ademais, de que non só o goberno, senón o conxunto das 13 persoas que conformamos a Corporación, remaremos sempre no beneficio da nosa veciñanza.
Non dubidedes de empregar este ou calquera outro medio para trasladarnos as vosas inquedanzas, as vosas solicitudes, as vosas críticas construtivas, e todo aquilo que contribúa a que Salceda siga a ser a mellor vila para vivir, traballar e gozar.
Sempre con vós, a vosa alcaldesa, Loli Castiñeira.
NOVAS
O Caselas Comedia volve a Salceda
O Concello de Salceda de Caselas vén de facer público hoxe o programa do Caselas Comedia, que se celebrará nos meses de novembro, decembro e xaneiro no Auditorio Municipal....
Salceda pon a punto os seus colexios durante as vacacións
O Concello de Salceda de Caselas aproveita as vacacións estivais para poñer a punto os diferentes centros escolares de cara ao inicio de curso do vindeiro 8 de setembro. A Alcaldesa de Salceda, Loli...
«Rasca e gaña» no comercio local
A Asociación de Comerciantes ACISA ben de organizar en colaboración co Concello de Salceda de Caselas unha campaña para promover as ventas durante o mes de agosto. Esta asociación está preto de...
BASES VIII RUTA PINCHO FOLK
Aquí podes consultar as bases reguladoras da oitava edición da ruta Pincho Folk para os locais de hostalería interesados en participar. 20250811_Outros_Bases Pincho FolkDescarga
Pleno Extraordinario
No seguinte enlace podes seguir o Pleno Extraordinario que se celebra hoxe, 31 de xullo de 2025. https://www.youtube.com/live/xMW26aTTH8U?feature=shared
Consulta pública para ordenanza de xestión de biomasa
De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación da cidadanía...
DESCUBRE SALCEDA DE CASELAS
Benvidos e benvidas a Salceda de Caselas, un fermoso concello do sur da provincia de Pontevedra, onde a riqueza cultural se une coa biodiversidade natural. Este municipio, impregnado de historia e tradición, ofrece unha experiencia única para quenes buscan descubrir a esencia auténtica de Galicia.
Salceda de Caselas: natureza, historia e tradición nun corazón cheo de vida
O MUNICIPIO
PATRIMONIO
FESTAS
O ENTROIDO
SENDEIRISMO
CONTORNAS NATURAIS
















