De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación da cidadanía no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración da Ordenanza municipal da xestión da biomasa e plantacións forestais, solicítase a opinión das persoas e das organizacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura norma.
Prazo: 18 de agosto de 2025




Comentarios recientes