Novas

O Concello de Salceda adhírese ao programa Axente Tutor para a protección da infancia e a execución do Plan Nacional sobre Drogas.

O Concello de Salceda de Caselas anuncia con a súa adhesión ao programa Axente Tutor, un servizo especializado da Policía Local en colaboración coa Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas e a FEMP que ten como obxectivo fundamental a promoción do respecto aos dereitos da infancia. Este programa céntrase especialmente na protección dos e das menores e na prevención de posibles riscos na contorna escolar. Trátase dunha iniciativa que se aprobou tanto o pasado xoves por unanimidade da corporación municipal,como polo Consello Escolar do IES Pedras Rubias.

Pleno Ordinario

Neste enlace podes seguir a retransmisión do Pleno Ordinario que se celebra o xoves 27 de xuño de 2024 ás 20:30