LOLI CASTIÑEIRA
ALCALDESA DE SALCEDA DE CASELAS
Este é o espazo oficial do Concello de Salceda de Caselas, esta é a vosa casa, a casa de todos e todas, a casa que todos e todas construímos con agarimo, e na que estamos a poñer todo o noso empeño por facer ben as cousas e traballar para o voso benestar.
Salceda é unha vila viva, unha vila moza, unha vila dinámica, na que o principal tesouro sodes vós: os e as salcedenses. É un enorme orgullo para min ser a vosa alcaldesa, e agardo, xunto cos meus compañeiros Álex, Selene e Marcos, seguir a poñer todo o noso empeño e os nosos esforzos e mellorar cada día un pouquiño máis a vosa calidade de vida. Estou segura, ademais, de que non só o goberno, senón o conxunto das 13 persoas que conformamos a Corporación, remaremos sempre no beneficio da nosa veciñanza.
Non dubidedes de empregar este ou calquera outro medio para trasladarnos as vosas inquedanzas, as vosas solicitudes, as vosas críticas construtivas, e todo aquilo que contribúa a que Salceda siga a ser a mellor vila para vivir, traballar e gozar.
Sempre con vós, a vosa alcaldesa, Loli Castiñeira.
NOVAS
A Cultural Veterana emociona no seu reencontro no Auditorio Municipal
O Auditorio Municipal de Salceda acolleu o pasado sábado a actuación da Cultural Veterana, unha agrupación de instrumentistas que formaron parte da Banda Cultural de Salceda, ou que permanecen na...
Salceda analiza a situación municipal da violencia de xénero
O Concello de Salceda acolleu esta semana a Mesa Local sobre Violencia de Xénero, presidida pola Alcaldesa, Loli Castiñeira, e con asistencia de Mª Xosé Rodríguez, responsable da unidade de...
Salceda aproba o seu III Plan de Igualdade entre homes e mulleres
O Concello de Salceda de Caselas vén de aprobar o III Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes de Salceda de Caselas 2024-2028, O Concello de Salceda de Caselas vén de aprobar o III Plan de...
Salceda mantén viva a tradición dos ranchos de Reis e Entroido
As rúas e prazas de Salceda enchéronse de música, danza e sobre todo moita alegría e moita cor o pasado sábado 28 de decembro coa celebración do VII Encontro de Ranchos e Danzas Tradicionais...
Un 60% menos de consumo eléctrico tras o cambio das luminarias
O Concello de Salceda de Caselas rematou en tempo e forma os traballos do proxecto de renovación do alumeado público exterior, cun orzamento de 1.435.031,81€. Este importante proxecto está...
Salceda licita a renovación do seu alumeado por máis de 1.000.000€
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle xa a apertura da licitación do proxecto de renovación do alumeado público exterior no Concello de Salceda de Caselas, con un orzamento de...
DESCUBRE SALCEDA DE CASELAS
Benvidos e benvidas a Salceda de Caselas, un fermoso concello do sur da provincia de Pontevedra, onde a riqueza cultural se une coa biodiversidade natural. Este municipio, impregnado de historia e tradición, ofrece unha experiencia única para quenes buscan descubrir a esencia auténtica de Galicia.
Salceda de Caselas: natureza, historia e tradición nun corazón cheo de vida
O MUNICIPIO
PATRIMONIO
FESTAS
O ENTROIDO
SENDEIRISMO
CONTORNAS NATURAIS
















