LOLI CASTIÑEIRA

ALCALDESA DE SALCEDA DE CASELAS

 

Este é o espazo oficial do Concello de Salceda de Caselas, esta é a vosa casa, a casa de todos e todas, a casa que todos e todas construímos con agarimo, e na que estamos a poñer todo o noso empeño por facer ben as cousas e traballar para o voso benestar.

Salceda é unha vila viva, unha vila moza, unha vila dinámica, na que o principal tesouro sodes vós: os e as salcedenses. É un enorme orgullo para min ser a vosa alcaldesa, e agardo, xunto cos meus compañeiros Álex, Selene e Marcos, seguir a poñer todo o noso empeño e os nosos esforzos e mellorar cada día un pouquiño máis a vosa calidade de vida. Estou segura, ademais, de que non só o goberno, senón o conxunto das 13 persoas que conformamos a Corporación, remaremos sempre no beneficio da nosa veciñanza.

Non dubidedes de empregar este ou calquera outro medio para trasladarnos as vosas inquedanzas, as vosas solicitudes, as vosas críticas construtivas, e todo aquilo que contribúa a que Salceda siga a ser a mellor vila para vivir, traballar e gozar.

Sempre con vós, a vosa alcaldesa, Loli Castiñeira.

NOVAS

Consulta pública para ordenanza de xestión de biomasa

Consulta pública para ordenanza de xestión de biomasa

De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación da cidadanía...

Cursos natación agosto

Cursos natación agosto

Aquí podedes consultar as persoas admitidas nos cursos de natación do mes de agosto nas piscinas municipais de Salceda. LISTAXE CURSOS NATACIÓN_AGOSTO25Descarga

Pleno ordinario

Pleno ordinario

Neste enlace podes seguir o Pleno Ordinario que se celebra hoxe xoves 3 de xullo ás 20.30 https://www.youtube.com/watch?v=oWMt7XqiPb0

20 eventos en 15 días no Verán Cultural

20 eventos en 15 días no Verán Cultural

O Concello de Salceda deu a coñecer esta mañá a programación do denominado Verán Cultural e das Festas do Cristo. Os actos realizaranse dende o 5 ata o 21 de xullo en diferentes escenarios, e...

DESCUBRE SALCEDA DE CASELAS

Benvidos e benvidas a Salceda de Caselas, un fermoso concello do sur da  provincia de Pontevedra, onde a riqueza cultural se une coa biodiversidade natural. Este municipio, impregnado de historia e tradición, ofrece unha experiencia única para quenes buscan descubrir a esencia auténtica de Galicia.

Salceda de Caselas: natureza, historia e tradición nun corazón cheo de vida

O MUNICIPIO

PATRIMONIO

FESTAS

O ENTROIDO

SENDEIRISMO

CONTORNAS NATURAIS

Contacta co concello

ENVÍANOS A TÚA CONSULTA

POLÍTICA DE PRIVACIDADE.

Salceda de Caselas