LOLI CASTIÑEIRA
ALCALDESA DE SALCEDA DE CASELAS
Este é o espazo oficial do Concello de Salceda de Caselas, esta é a vosa casa, a casa de todos e todas, a casa que todos e todas construímos con agarimo, e na que estamos a poñer todo o noso empeño por facer ben as cousas e traballar para o voso benestar.
Salceda é unha vila viva, unha vila moza, unha vila dinámica, na que o principal tesouro sodes vós: os e as salcedenses. É un enorme orgullo para min ser a vosa alcaldesa, e agardo, xunto cos meus compañeiros Álex, Selene e Marcos, seguir a poñer todo o noso empeño e os nosos esforzos e mellorar cada día un pouquiño máis a vosa calidade de vida. Estou segura, ademais, de que non só o goberno, senón o conxunto das 13 persoas que conformamos a Corporación, remaremos sempre no beneficio da nosa veciñanza.
Non dubidedes de empregar este ou calquera outro medio para trasladarnos as vosas inquedanzas, as vosas solicitudes, as vosas críticas construtivas, e todo aquilo que contribúa a que Salceda siga a ser a mellor vila para vivir, traballar e gozar.
Sempre con vós, a vosa alcaldesa, Loli Castiñeira.
NOVAS
Persoas admitidas dos Cursos de Natación nas Piscinas Municipais
No seguinte enlace podes consultar as listaxes de persoas admitidas nos cursos de Natación nas Piscinas Municipais na quenda de xullo. LISTAXE PERSOAS ADMITIDAS CURSOS NATACIÓN_XULLO25Descarga
As piscinas municipais abren de balde para a rapazada
O concello de Salceda de Caselas reabrirá o vindeiro Luns 23 de Xuño as piscinas municipais, unha nova celebrada con entusiasmo especialmente entre a mocidade, que poderá gozar destas instalación...
Comeza a cuarta edición do Programa Xuntas
A cuarta edición do Programa Xuntas, cofinanciado pola Xunta de Galicia e polos fondos europeos, arranca esta semana nos Concellos de Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves; e durará ata...
O II Condado Classic reúne a 50 vehículos históricos en Salceda
As rúas de Salceda transformaranse este sábado nunha pasarela de vehículos de máis de 30 anos na II edición do Condado Classic organizada polo Club de Clásicos e Históricos do Condado...
Persoas admitidas campamentos municipais
Aquí podes consultar os listados de persoas admitidas nos campamentos municipais "Conciliación con Corazón", dentro do programa Corresponsables. PERSOAS ADMITIDAS CAMPAMENTOS MUNICIPAIS
Aberto o prazo para o campamento urbano da ANPA Altamira
Chega o campamento urbano da ANPA Altamira e colaboración co Concello de Salceda, este ano con descontos importantes, grazas á subvención de 14.600 € da liña 2 do Plan Máis Provincia 2025 da...
DESCUBRE SALCEDA DE CASELAS
Benvidos e benvidas a Salceda de Caselas, un fermoso concello do sur da provincia de Pontevedra, onde a riqueza cultural se une coa biodiversidade natural. Este municipio, impregnado de historia e tradición, ofrece unha experiencia única para quenes buscan descubrir a esencia auténtica de Galicia.
Salceda de Caselas: natureza, historia e tradición nun corazón cheo de vida
O MUNICIPIO
PATRIMONIO
FESTAS
O ENTROIDO
SENDEIRISMO
CONTORNAS NATURAIS
















