Praza do Concello nº12, Salceda de Caselas, 36470 Pontevedra

+34 986 349 003

O Concello de Salceda de Caselas mantén esta semana aberto o prazo para que a rapazada interesada poida solicitar a súa bolsa para perfeccionamento do inglés. Durante dúas semanas deste verán tres alumnas ou alumnos de 1º de bacharelato realizarán unha viaxe ao Reino Unido (Brighton), onde recibirán un curso xeral de inglés composto por 20 clases de 45 minutos de duración cada unha. O aloxamento será con familias nativas, para tratar de garantir a mellor experiencia cultural e lingüística posible. Trátase de tres bolsas valoradas en 2.430 € por persoa, que o Concello de Salceda convoca por vez primeira, contando co Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra para o seu financiamento.

Loli Castiñeira: “Por primeira vez no Concello de Salceda de Caselas convócanse este tipo de bolsas para a nosa mocidade. Damos así resposta a un compromiso electoral. Somos un goberno que escoita as demandas da xente nova, e este programa dá resposta ás solicitudes que nos fixo chegar este colectivo”.

Os requisitos para poder optar a unha das bolsas son o de ter padrón en Salceda de Caselas, estar cursando 1º de bacharelato e ter 16 anos cumpridos, e ter unha nota media como mínimo dun 7 na materia de inglés. O prazo de inscrición estará aberto ata este venres 21 de maio. O vindeiro luns 25 daranse a coñecer os nomes das tres persoas seleccionadas logo de realizar a baremación dos méritos presentados segundo se recolle nas bases da convocatoria.

Share This