LOLI CASTIÑEIRA
ALCALDESA DE SALCEDA DE CASELAS
Este é o espazo oficial do Concello de Salceda de Caselas, esta é a vosa casa, a casa de todos e todas, a casa que todos e todas construímos con agarimo, e na que estamos a poñer todo o noso empeño por facer ben as cousas e traballar para o voso benestar.
Salceda é unha vila viva, unha vila moza, unha vila dinámica, na que o principal tesouro sodes vós: os e as salcedenses. É un enorme orgullo para min ser a vosa alcaldesa, e agardo, xunto cos meus compañeiros Álex, Selene e Marcos, seguir a poñer todo o noso empeño e os nosos esforzos e mellorar cada día un pouquiño máis a vosa calidade de vida. Estou segura, ademais, de que non só o goberno, senón o conxunto das 13 persoas que conformamos a Corporación, remaremos sempre no beneficio da nosa veciñanza.
Non dubidedes de empregar este ou calquera outro medio para trasladarnos as vosas inquedanzas, as vosas solicitudes, as vosas críticas construtivas, e todo aquilo que contribúa a que Salceda siga a ser a mellor vila para vivir, traballar e gozar.
Sempre con vós, a vosa alcaldesa, Loli Castiñeira.
NOVAS
O Concello de Salceda crea o Servizo de Normalización Lingüística
O Concello de Salceda de Caselas vén de poñer en marcha un novo servizo para a veciñanza: o Servizo de Normalización Lingüística, para o cal conta con unha subvención de 33.268,94 € da Deputación de...
Despois dos callos chegan os pinchos a Salceda
Este mes de setembro regresa a Salceda de Caselas a súa tradicional XVII Ruta do Pincho Folk, unha cita xa consolidada no calendario gastronómico e cultural do municipio, organizada dende a...
Salceda ponse en forma no mes de setembro
O Concello de Salceda de Caselas vén de presentar unha nova iniciativa que se desenvolverá no mes de setembro baixo o nome “Salceda en forma”. Trátase dunha acción que nace para promocionar o...
Xuntas: Promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero
O Programa Xuntas, executado nos Concellos de Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, e As Neves e financiado pola Xunta de Galicia con Fondos Sociais Europeos, ofrece ata o 30 de setembro de 2025...
Todo a punto para servir 20.000 racións de callos
O Concello de Salceda de Caselas presentou esta mañá na Praza do Concello a que será xa a XXXI edición da festa dos callos, unha festa xa referente en toda Galicia que sigue a loitar por conseguir a...
Pleno ordinario de agosto
Neste enlace podes seguir o Pleno Ordinario que se celebrará o 28 de agosto de 2025 ás 20:30 https://www.youtube.com/live/vi1zehRgMEQ https://www.youtube.com/live/vi1zehRgMEQ
DESCUBRE SALCEDA DE CASELAS
Benvidos e benvidas a Salceda de Caselas, un fermoso concello do sur da provincia de Pontevedra, onde a riqueza cultural se une coa biodiversidade natural. Este municipio, impregnado de historia e tradición, ofrece unha experiencia única para quenes buscan descubrir a esencia auténtica de Galicia.
Salceda de Caselas: natureza, historia e tradición nun corazón cheo de vida
O MUNICIPIO
PATRIMONIO
FESTAS
O ENTROIDO
SENDEIRISMO
CONTORNAS NATURAIS
















