LOLI CASTIÑEIRA
ALCALDESA DE SALCEDA DE CASELAS
Este é o espazo oficial do Concello de Salceda de Caselas, esta é a vosa casa, a casa de todos e todas, a casa que todos e todas construímos con agarimo, e na que estamos a poñer todo o noso empeño por facer ben as cousas e traballar para o voso benestar.
Salceda é unha vila viva, unha vila moza, unha vila dinámica, na que o principal tesouro sodes vós: os e as salcedenses. É un enorme orgullo para min ser a vosa alcaldesa, e agardo, xunto cos meus compañeiros Álex, Selene e Marcos, seguir a poñer todo o noso empeño e os nosos esforzos e mellorar cada día un pouquiño máis a vosa calidade de vida. Estou segura, ademais, de que non só o goberno, senón o conxunto das 13 persoas que conformamos a Corporación, remaremos sempre no beneficio da nosa veciñanza.
Non dubidedes de empregar este ou calquera outro medio para trasladarnos as vosas inquedanzas, as vosas solicitudes, as vosas críticas construtivas, e todo aquilo que contribúa a que Salceda siga a ser a mellor vila para vivir, traballar e gozar.
Sempre con vós, a vosa alcaldesa, Loli Castiñeira.
NOVAS
Salceda, centro das danzas tradicionais
A Asociación Cultural A Feira, en colaboración co Concello de Salceda de Caselas, organiza o 8º Encontro de danzas tradicionais, que se celebrará o vindeiro sábado 27 de decembro na Praza do...
Retransmisión do Pleno Ordinario de 18/12/2025
Neste enlace podes seguir a retransmisión en directo do Pleno Ordinario que se celebra o xoves 18 de decembro de 2025. https://youtube.com/live/bSd_XYlKLdI?feature=share
Salceda acolle a I xornada de integración e saúde no deporte
O Club Baloncesto Caselas, en colaboración co Concello de Salceda de Caselas, a Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), o seu patrocinador Motherson e a Deputación de Pontevedra, organiza a I...
Salceda mellora a accesibilidade da súa Praza de Abastos
O Concello de Salceda de Caselas traballa estes días na instalación dun elevador na Praza de Abastos, que permitirá o acceso directo dende a parte traseira do edificio, facilitando deste xeito a...
Mesa Local contra a Violencia de Xénero
O pasado 1 de decembro o Concello de Salceda de Caselas acolleu a celebración da Mesa Local contra a violencia de xénero. Ademais da alcaldesa, Loli Castiñeira, e a concelleira de igualdade, Selene...
O Nadal xa chegou a Salceda
O Concello de Salceda de Caselas botou a andar a súa programación de Nadal co acendido do alumeado. A programación, con preto de 30 actividades para todos os públicos, extenderase ata o 5 de...
DESCUBRE SALCEDA DE CASELAS
Benvidos e benvidas a Salceda de Caselas, un fermoso concello do sur da provincia de Pontevedra, onde a riqueza cultural se une coa biodiversidade natural. Este municipio, impregnado de historia e tradición, ofrece unha experiencia única para quenes buscan descubrir a esencia auténtica de Galicia.
Salceda de Caselas: natureza, historia e tradición nun corazón cheo de vida
O MUNICIPIO
PATRIMONIO
FESTAS
O ENTROIDO
SENDEIRISMO
CONTORNAS NATURAIS
















