Salceda estrea Pavillón de deportes renovado
O Pavillón de Deportes Municipal renova a súa pista con un proxecto de 92.338,60€ que permite o cambio do anterior pavimento de cemento pulido por un novo de madeira de faia.
Salceda de Caselas |
Inicio | Contacto |
|
O Pavillón de Deportes Municipal renova a súa pista con un proxecto de 92.338,60€ que permite o cambio do anterior pavimento de cemento pulido por un novo de madeira de faia.
Co gallo de conmemorar o día mundial do Alzheimer que se celebra o vindeiro 21 de setembro, o Concello de Salceda de Caselas e a asociación Afaga organizan un ciclo de charlas formativas titulado “Alzheimer e outras demencias: que son, pautas de prevención e actuación”. Nesta ocasión as charlas terán un formato itinerante, celebrándose nas diferentes parroquias en colaboración coas asociacións.
O Concello de Salceda de Caselas vén de recibir a comunicación da concesión dun novo obradoiro dual de emprego para desenvolver entre decembro de 2024 a setembro de 2025. Neste caso serán vinte as persoas que formen parte como alumnado traballador, distribuídos nas especialidades de albanelería e carpintería de madeira.
A Igrexa de Santa María de Salceda foi o escenario escollido para a presentación da II andaina solidaria de Cáritas Louriña, que se realizará o vindeiro 14 de setembro ás 9:30 coa participación dos Concellos de Salceda de Caselas, O Porriño e Mos tras o éxito da primeira edición celebrada o pasado 18 de abril no Porriño.
O Concello de Salceda de Caselas, xunto co sector hostaleiro, veñen de presentar a VII edición do Pincho Folk, que se celebrará os venres e sábados do 6 ao 28 de setembro.