LOLI CASTIÑEIRA

ALCALDESA DE SALCEDA DE CASELAS

 

Este é o espazo oficial do Concello de Salceda de Caselas, esta é a vosa casa, a casa de todos e todas, a casa que todos e todas construímos con agarimo, e na que estamos a poñer todo o noso empeño por facer ben as cousas e traballar para o voso benestar.

Salceda é unha vila viva, unha vila moza, unha vila dinámica, na que o principal tesouro sodes vós: os e as salcedenses. É un enorme orgullo para min ser a vosa alcaldesa, e agardo, xunto cos meus compañeiros Álex, Selene e Marcos, así como cos compañeiros Xurxo e Óscar do PSOE, seguir a poñer todo o noso empeño e os nosos esforzos en mellorar cada día un pouquiño máis a vosa calidade de vida. Estou segura, ademais, de que non só o goberno, senón o conxunto das 13 persoas que conformamos a Corporación, remaremos sempre no beneficio da nosa veciñanza.

Non dubidedes de empregar este ou calquera outro medio para trasladarnos as vosas inquedanzas, as vosas solicitudes, as vosas críticas construtivas, e todo aquilo que contribúa a que Salceda siga a ser a mellor vila para vivir, traballar e gozar.

Sempre con vós, a vosa alcaldesa, Loli Castiñeira.

NOVAS

Aprobación do convenio para o saneamento do Cerquido

Aprobación do convenio para o saneamento do Cerquido

O equipo de goberno de Salceda de Caselas incluíu na orde do día do Pleno Ordinario do mes de abril a aprobación do texto do convenio que o Concello asinará con Augas de Galicia para execución do...

685.000€ para o saneamento de Soutelo

685.000€ para o saneamento de Soutelo

O Concello de Salceda de Caselas vén de recibir a proposta de convenio coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para execución do saneamento na parroquia de Soutelo. O convenio recolle un...

Salceda ensina a usar as novas tecnoloxías

Salceda ensina a usar as novas tecnoloxías

Este vindeiro mércores, 26 de marzo, terá lugar a segunda sesión da iniciativa “puntos de atención dixital” que a Fundación Esplai está a desenvolver en Salceda de Caselas nun proxecto pioneiro en...

GDR e Concello crean unha ruta enogastronómica

GDR e Concello crean unha ruta enogastronómica

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terra e Auga e o Concello de Salceda de Caselas firmaron un convenio de colaboración para levar a cabo unha ruta enogastronómica neste concello.A actuación...

50 postos participan na I Festa Artes e Sabores

50 postos participan na I Festa Artes e Sabores

A Asociación Veciñal Caselas celebrará os vindeiros 29 e 30 de marzo a I Festa Artes e Sabores no seu local de Salceda de Caselas. Un total de 50 postos ofrecerán produtos de artesanía e...

DESCUBRE SALCEDA DE CASELAS

Benvidos e benvidas a Salceda de Caselas, un fermoso concello do sur da  provincia de Pontevedra, onde a riqueza cultural se une coa biodiversidade natural. Este municipio, impregnado de historia e tradición, ofrece unha experiencia única para quenes buscan descubrir a esencia auténtica de Galicia.

Salceda de Caselas: natureza, historia e tradición nun corazón cheo de vida

O MUNICIPIO

PATRIMONIO

FESTAS

O ENTROIDO

SENDEIRISMO

CONTORNAS NATURAIS

Contacta co concello

ENVÍANOS A TÚA CONSULTA

POLÍTICA DE PRIVACIDADE.

Salceda de Caselas