LOLI CASTIÑEIRA
ALCALDESA DE SALCEDA DE CASELAS
Este é o espazo oficial do Concello de Salceda de Caselas, esta é a vosa casa, a casa de todos e todas, a casa que todos e todas construímos con agarimo, e na que estamos a poñer todo o noso empeño por facer ben as cousas e traballar para o voso benestar.
Salceda é unha vila viva, unha vila moza, unha vila dinámica, na que o principal tesouro sodes vós: os e as salcedenses. É un enorme orgullo para min ser a vosa alcaldesa, e agardo, xunto cos meus compañeiros Álex, Selene e Marcos, así como cos compañeiros Xurxo e Óscar do PSOE, seguir a poñer todo o noso empeño e os nosos esforzos en mellorar cada día un pouquiño máis a vosa calidade de vida. Estou segura, ademais, de que non só o goberno, senón o conxunto das 13 persoas que conformamos a Corporación, remaremos sempre no beneficio da nosa veciñanza.
Non dubidedes de empregar este ou calquera outro medio para trasladarnos as vosas inquedanzas, as vosas solicitudes, as vosas críticas construtivas, e todo aquilo que contribúa a que Salceda siga a ser a mellor vila para vivir, traballar e gozar.
Sempre con vós, a vosa alcaldesa, Loli Castiñeira.
NOVAS
Persoas admitidas campamentos municipais
Aquí podes consultar os listados de persoas admitidas nos campamentos municipais "Conciliación con Corazón", dentro do programa Corresponsables. PERSOAS ADMITIDAS CAMPAMENTOS MUNICIPAIS
Aberto o prazo para o campamento urbano da ANPA Altamira
Chega o campamento urbano da ANPA Altamira e colaboración co Concello de Salceda, este ano con descontos importantes, grazas á subvención de 14.600 € da liña 2 do Plan Máis Provincia 2025 da...
1ª edición do mercado Patas Arriba
Os días 7 e 8 de xuño celébrase por primeira vez o Mercado Patas Arriba, un evento solidario en apoio aos animais que reunirá a varias protectoras da zona, nunha fin de semana chea de actividades...
Salceda e Salvaterra ofrecen 240 prazas gratuitas en campamentos de verán
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño veñen de recibir unha subvención de 17.820,20€ da Xunta de Galicia a través do Plan Corresponsables, que lles vai permitir ofrecer 240 prazas...
Pleno Extraordinario Urxente
Neste enlace podes seguir o Pleno Extraordinario Urxente convocado para o xoves 29 de maio de 2025 ás 20:30 https://www.youtube.com/live/lhma21TGlWQ
Autorización de Fogueiras de San Xoán
Aberto o prazo para a solicitude de autorización para celebrar fogueiras de San Xoán. As persoas ou entidades promotoras deberán solicitalo no rexistro municipal ou pola sede electrónica, adxuntando...
DESCUBRE SALCEDA DE CASELAS
Benvidos e benvidas a Salceda de Caselas, un fermoso concello do sur da provincia de Pontevedra, onde a riqueza cultural se une coa biodiversidade natural. Este municipio, impregnado de historia e tradición, ofrece unha experiencia única para quenes buscan descubrir a esencia auténtica de Galicia.
Salceda de Caselas: natureza, historia e tradición nun corazón cheo de vida
O MUNICIPIO
PATRIMONIO
FESTAS
O ENTROIDO
SENDEIRISMO
CONTORNAS NATURAIS
















