LOLI CASTIÑEIRA
ALCALDESA DE SALCEDA DE CASELAS
Este é o espazo oficial do Concello de Salceda de Caselas, esta é a vosa casa, a casa de todos e todas, a casa que todos e todas construímos con agarimo, e na que estamos a poñer todo o noso empeño por facer ben as cousas e traballar para o voso benestar.
Salceda é unha vila viva, unha vila moza, unha vila dinámica, na que o principal tesouro sodes vós: os e as salcedenses. É un enorme orgullo para min ser a vosa alcaldesa, e agardo, xunto cos meus compañeiros Álex, Selene e Marcos, seguir a poñer todo o noso empeño e os nosos esforzos e mellorar cada día un pouquiño máis a vosa calidade de vida. Estou segura, ademais, de que non só o goberno, senón o conxunto das 13 persoas que conformamos a Corporación, remaremos sempre no beneficio da nosa veciñanza.
Non dubidedes de empregar este ou calquera outro medio para trasladarnos as vosas inquedanzas, as vosas solicitudes, as vosas críticas construtivas, e todo aquilo que contribúa a que Salceda siga a ser a mellor vila para vivir, traballar e gozar.
Sempre con vós, a vosa alcaldesa, Loli Castiñeira.
NOVAS
Pleno Extraordinario Urxente
Neste enlace podes seguir o Pleno Extraordinario Urxente convocado para o xoves 29 de maio de 2025 ás 20:30 https://www.youtube.com/live/lhma21TGlWQ
Autorización de Fogueiras de San Xoán
Aberto o prazo para a solicitude de autorización para celebrar fogueiras de San Xoán. As persoas ou entidades promotoras deberán solicitalo no rexistro municipal ou pola sede electrónica, adxuntando...
Arrinca a Aula século XXI de acompañamento psicolóxico
O Concello de Salceda de Caselas vén de botar a andar “Aula Século XXI”, un novidoso proxecto que consiste no acompañamento psicolóxico a menores de entre 6 e 17 anos de idade. A profesional apoia,...
Pleno extraordinario urxente
Neste enlace podes seguir o Pleno Extraordinario Urxente convocado para o xoves 8 de maio de 2025 ás 20:30 https://www.youtube.com/live/Ykst25R-H-g
Salceda consegue 200.000€ para a IV fase de reforma da Praza de Abastos
O equipo de goberno de Salceda de Caselas, coa Alcaldesa Loli Castiñeira ao fronte, vén de facer pública a concesión da subvención por parte da Xunta de Galicia por un importe de 196.589,04€...
Concello e CEP Altamira unidos na educación afectivo-sexual
O Concello de Salceda e o CEP Altamira veñen de poñer en marcha unha iniciativa conxunta para o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria. O III Plan de Igualdade entre homes e mulleres do Concello de...
DESCUBRE SALCEDA DE CASELAS
Benvidos e benvidas a Salceda de Caselas, un fermoso concello do sur da provincia de Pontevedra, onde a riqueza cultural se une coa biodiversidade natural. Este municipio, impregnado de historia e tradición, ofrece unha experiencia única para quenes buscan descubrir a esencia auténtica de Galicia.
Salceda de Caselas: natureza, historia e tradición nun corazón cheo de vida
O MUNICIPIO
PATRIMONIO
FESTAS
O ENTROIDO
SENDEIRISMO
CONTORNAS NATURAIS















